miércoles, 22 de mayo de 2019

debate parte 2ª


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:



“... e Atentos quedaron a “Radio” nosos amigos, escoitando o “máxico” aparello.
atentos ao debate dos candidatos.” Escoitaban a Radio Municipal de Tuiy, o Luns 20 de Maio do 2019, sendo as 21:00 horas.


A historia ven do "debate parte 1ª".
E Nada mais acabar o debate, dixo Sancho un pouco abatido,
-Deus nos colla confesados, e nos salve destes desgraciados. Porque so pensan no aparcadoiro para estacionar os carros, e no turismo, poñendo por fora o pueblo “bonito”, e non ven as necesidades que realmente estan a pasar as xentes.

-ten fe amigo Sancho, ten fe, por que nin deus naceu sabido, e as sociedades avanzan moi lentamente.
-fe en Deus teño, pero o que é nestes, nin esperanza, pois todos seus argumentos vanse polas ramas. E non falan de garantir o alimento a todo animal que porte pensamentos.

-paciencia, que a evolución do pensamento é lenta. e si ti xa chegaches a esas entendederas, seguro que coma ti, haberá moitas mais conciencias.
-si iso si, que é a fe que teño, pero é que ainda non escoito debate algun, e menos dos que gobernar pretenden, este concello, de como han de sobrevivir os individuos nas sociedades modernas.
-pero a vida é mais que iso, Sancho. A vida é cultura, musica, cine, teatro.
-xa xa, a musica das miñas tripas, e a loita diaria para ir conseguindo para mantelas tranquilas. E iso, non se arranxa nin con urbanismo, nin con turismo, nin de buscando sitio onde aparcar os “Turismos”. Que todo axuda, de acordo, pero iso non é garantía de nada. E no falar, todo e populismos. E mentres a eles llas dean, aos demais que os parta un raio.

-non te alporices Sancho, que non é tan grande o agravio, pois o fan como millor saben.
-pois xa podían aprender, centellas, e que deixen esa filosofía de vida donde se perden no decoro, e no “eu fixen”, “eu fixen”, “eu fixen”. E ninguén fala de como repartir as perdices.

E Na primeira pregunta que lle fixeron, ¿cal é o principal problema de Tuiy,?
Eu refaríame a pregunta, ¿cal é o principal problema das xentes de Tuiy?
E so por un matiz, que Tuiy e un “continente” e as xentes un “contenido”.
E o problema esta dentro das casas, dentro das xentes. Quizás algúns vivan holgadamente, e que lle aproveite. Pero outras muitas xentes, as pasan putas, literalmente, para ir tirando no seu día a día. Que si os hai que duplican os traballos, un de semana e outro de fin de semana, por que sinon non alcanzan. Os hai que traballan a tres euros a hora, por que si non teñen nin para morrer de pena. E os hai que hasta fan cola nos centros de axuda. (e algúns, hasta se meten políticos, sin ter conciencia do que a Política representa).
Tamen os hai que non traballan por que non queren, pero os mais non teñen onde venderse. E vendo o avance tecnolóxico, nin hai, nin se espera traballo honrado. E cada vez é mais escravo.

Eo problema mais grade da xente é de como se han de gañar a vida, nos, nosos fillos, nosos netos. E como
E para solucionalo, observemos a sociedade no seu conxunto, e poderemos ver que ten capacidade mais que sobrada para producir o suficiente.  
Somos quen de meter nunha granxa de polos 100.000, e nun mes e pouco, podemos sacrificalos con cerca de dous kilos cada un. Somos quen de crear invernadoiros, e producir alimentos suficientes, como para que ninguén lle falte no presente. Somos como Sociedade, capaces diso e de moito mais.
E si somos como humanidade capaces de producir, mais facil, habendo, sera repartir.
Miña proposta seria unha Tarxeta Básica de Alimentación, para todos, sin discriminación. co mínimo e imprescindible para vivir.  Cal é ese mínimo? , a debatir.
Para financialo, todos os impostos do sector da alimentación, cobrámosllos en especies, e nos mesmos supermercados, cando o retiran os cidadáns. E para completar a “Dieta”, comprámoslle aos “nosos produtores” os porcentaxes restantes.
Si temos que deixar de arranxar os xardins, deixamolos, pero o prato sempre de comida enriba da mesa. Si teño que aparcar no quinto carallo, aparco, pero a comida no prato.

 Si non o facemos por nos, fagámolo polos nosos fillos, polos nosos netos.

-bueno Sancho, dixo Don Quijote, xa son horas de voltar ao libro, ao descanso dos xustos. Hasta que noutra lectura nos chamen para unha nova ventura.
- pero mira que me dixeron que vai haber outro debate dos candidatos, na Ser Baixo Minho, dixo Sancho, e podemos quedar a escoitalo un pouquiño.
-non vale a pena sancho, pois sempre estan dcindo o mismo e da mesma forma, e xa estou canso de tanta demagoxia. Imos la, que xan son horas de descansar. Que o tempo nos dirá, todo aquilo que queiramos escoitar.

E ala foron osos amigos de volta para o libro, foron para aquela fonda, onde Don Quijote, imaxinou castillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario