viernes, 30 de octubre de 2020

Peregrinos na feira de Melóns e Cabazas da Eurocidade Tui-Valença

 


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


Peregrinos na feira de Melóns e Cabazas da Eurocidade Tui-Valença

Tras as causalidades que a vida nos vai pondo diante. Como os elementos precisos para crear vida, os que xuntos ao redor do PanchoCultural van conformando as sinerxias no medio dunha atmósfera favorable, para desembocar nun torrente de creación nunca xamais visto.

a idea da Feira de Melóns e Cabazas da Eurocidade Tui-Valença xurdiu nas circunstancias que a vida vainos pondo diante. Corria o mes de setembro do 2019 e estaba meu irman o canteiro arranxando a igrexia de Vila de Suso, en santa maría de Oia, nun lugar de encanto, como muitos que polo baixo Miño estan espallados. Ese día funlle votar unha man, e como o chollo non era moito, só colocou sobre a pila bautismal un dintel para soportar a san xoan bautista sobre as augar bautizando a ao espiritu santo. A media mañan xa remataramos, e como tiñamos que pòla tarde estar co cura, para pasarlle a factura. Fomos a dar unha volta hasta o “chiringito” do noso amigo e artista Xavier Garrido.

 

Alí falamos, alí comemos, alí bebemos, alí reimos, alí compartimos bos momentos. E nunha desas, no medio de todos eses artiluxios de arte que ten no chiringuito para venderlle a os turistas e veciños, vin unhas cabaciñas secas, como as que popularizaron a marca dos peregrinos, que poñian a cinco euros. O chiringuito, esta na Pedra Rubia, no concello de Oia por onde promocionan unha ruta mais para ir camiñando hasta Compostela, o camiño portugues pola costa, rutas comerciales de la nueva era, digan lo que digan los fieles a cualquier idea.

-a cinco euros? - pregunteille -

-si - dixome Xavier Garrido -

-e a canto che salen? - pregunteille -

- a dous euros e medio cada unha - contestoume-

-e vendes algunha? - seguinlle preguntando -

-si xa levo tres caixas - seguiume contestando -

-carallo! - exclamei - pois si por este “novo camiño a compostela” que pasan ainda poucos peregrinos, vendeches tres caixas. Que non venderán? Todos eses chiringos que estan estratéxicamente situados no “ caudaloso vello camiño portugues” que pasa por Tuiy. - seguin decindolle - imos ter que provar a plantalas e secalas, logo pasar por todo chiringuito a comercializalas.

E seguimos falando dos peregrinos que pasaban no camiño, seguimos falando do noso peregrinar para ir tirando, e falavamos da sociedade, ea millor forma de organizarse. O canteiro despredicaba contra toda oligarquía establecida, e nada lle valia. Xavier mais poético, apostaba por un cambio mais espiritual, e eu co pragmatismo que me caracteriza, buscaba o encaixe evolutivo da Sociedade en defensa do individuo. Que con un simple reparto do básico, asegurabase que ninguen pasara fame.

Xa chegavan os primeiros peregrinos, e Xavier Garrido foi atendelos, pois a mais do chiringuito, ao caron ten un albergue que el atende.

Eu e meu irman Pelayo, fomos hasta igrexia de Vila de Suso. Que o cura xa mandara unha mensaxe de que estaba de camiño. Mentres o mestre canteiro arreglaba contas co “mestre espiritual”, eu contemplaba dende o alto do campanario a caida do sol sobre o Atlántico. A luz do día tornabase vermella cubrindo todo o entorno que me rodea. O sol xa estaba nese punto, donde os ultimos raios de luz quedan ocultos. Cando meu irman Pelayo chamou por min, que xa remataran e que marchavamos para a casa.




e xa de volta polo bar Pancho, topeime a Carlos Picho e paramos tomar algo.

Alí falamos, alí bebemos, alí cenamos, alí reimos, alí compartimos bos momentos. Outro deses lugares con encanto, donde as conversas vannos axudando.

O Picho é un amigo, un compañeiro de viaxe nesta aventura de estar vivos. Un deses xenios que de vez en cando ten a natureza a xentileza de deixarnolo, Ainda que a veces ten días que se lle cruzan de mais as ideas e é malo de aturar para quen non ten paciencia. e ainda así con paciencia, ai que deixalo para que el só domine a besta, ese xavali que no seu interior parece reconfortalo. Bo rapaz, que é o que importa.

A min na cabeza rondabame as cabazas a cinco euros que vira no chiringuito de Xavier Garrido, e conteille ao picho todo o acontecido.

-ti que sempre che gustou o traballo do campo, - dixenlle – temos que plantar e secar cabaciñas, para venderllas a todo peregrino que pase por Tuiy. Que pode axudarnos na nosa paupérrima economía.

O Picho xa se emocionou, e empezou a recrear un futuro ao redor das cabaciñas. Como neno cando descubre un movo mundo, foi descrivindo con detalle todo, Que si a forma de plantalas, que si a forma de secalas, que si a forma de abonalas, que si a forma de presentalas e un sinfin de formas e ideas mais, que parecian factibles si detrás esta a constancia.

Ao redor do Bar Pancho donde xa levamos un tempo xeitoso intentando reactivalo, facendo concertos alternativos ca estimable axuda dos meus sobriños e alguns veciños, Creando o cine clube Maruja, facendo exposicións de artistas locais, que hai un feixe deles. facendo un mapa cos elementos mais salientables de varias parroquias e hasta xa estan en marcha os proxectos do museo do rural galedo, e do museo da prehistoria,M.Ledo. Tendo xa unha maqueta da cuenca do Minho cos petroglifos mais representativos de cada concello.

E no medio de todo iso, de todo ese movemento, de todas esas xentes, que eu o englobo nun so elemento “Pancho Cultural”, o redor desa idea xurde toda a cración que nos leva. E así foi:

por esa altura do tempo, e a punto de retirar a exposición dos canteiros Arxinas, rondavame na cabeza que expor, pois ainda que tiña varias proposicións en mente, quedei a mirar para o Picho e dixenlle:

- ti este ano plantaches calabazas?

- plantei, e un feixe delas, que si chas traio todas para aquí encheche o bar.

- iso mismo era o que eu estaba pensando. e si facemos unha exposición? - Pregunteille -

quedou mirando para min e dixome,

- antes de “santos”, que así ainda vendo algunha para o Samain.

E así foi, os dias eran contados e xa ao dia seguinte empezou a traer todos eses melons e cabazas que tiña prantados. En poucos días, no bar Pancho xa casi non se collia, con toda a colleita reunida. E así rezaba a propaganda:



as mais maravillosas, as mais máxicas,

e as mais practicas cabazas do Reino.


Na Primeira Feira de melóns e cabazas da eurocidade Tuiy Valença.


Na do Pancho,

Vinte e un dia antes da noite das bruxas,

na noite de defuntos, vispera de santos.


Inauguración o sábado 12 de Octubre, e peche o 1 de Novembro.


Festas relacionadas ca colleita, dando gracias

a todos nosos antepasados pola axuda que prestan.


Cabazas de todo tipo,

cabazas de peregrinos,

cabazas para manter a auga fresca.

Cabazas para “maracas”,


Na inauguración, faranse xogos de adivinación, contaranse historias de medo e nos comunicaremos.


Calabazas, calabacins e pepinillos.

Decorativos e comestibles,

grandes e pequenos,

para disfrutalos simplemente con velos.


Degustación de chuas de melón,

calabacin a plancha, e as mais variadas ensaladas.


Calabacins rellenos e pepinillos con sal e limón, como guarnición.


e hasta unha boa queimada, usando un melón como recipiente, na preparación da maxica augardente.

Exposición e venta.

non a perdas.

Nado Pancho, no epicentro, donde sempre esta pasando algo.”




o sabado 12 de octubre, xa estaba todo preparado para inauguración, Gabriel sobre as tablas do escenario facia os ultimos axustes de sonido, un veciño, un amigo que ca sua voz anima o espiritu. Picho estaba diante del preparando unha cabaza para facer a queimada.

Cas luces apagadas, e ao mesmo tempo que comenza a arder a augardente, escoitase o conxuro: “mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos trasgos e diaños, espiritus das nevoadas veigas... ”. E deu comenzo a primeira feira de melons e cabazas da eurocidade Tui-Valença. Da cociña do bar saia unha crema de cabaza, que quentaba a barriga na noite fresca, as chulas de cabaza que preparara miña cuñada Juana, facian lamer os dedos como gato cando esta en modo aseo.



Mais tarde, cando o sagrado brevaxe da queimada xa baixara polas nosas gorxas, sentados esta vez na mesa redonda da churrasqueira,

falabamos nas posibilidades que podia ter a feira, - quedan preciosas, que maravilla, a min gustanme todas - , eran comentarios que escoitavas de cotio das xentes que se acercaban polo bar.


-parece que ten boa acollida, - decialle eu a o Picho – os comentarios que se escoitan son agradecidos. A ver si da polo menos para gastos.

-algo a de dar, - deciame picho – ainda que para comer a xente non ten costume, para adornar e para os pais que queren enseñarlle as suas crias a tradición de facer mascaras cas cabazas a noite de Samain. Algunha hadese vender.

-para o ano, repetimos, ti que crees? - decialle eu ao picho.

-si, e eu vou ver si dou conseguido que me presten alguns campos de regadio e para o ano encho todo o barrio de cabazas.

-bueo, non corras moito que igual caes.


E así seguiu a aventura.


Xa estaba decaido o inverno, e picho empezaba a carretar esterco, un par de leiras en Paramos, un par de de leiras na veiga do Louro e Guillarei, un par de leiras en Randufe, e todo o abono que tiña nas cortes lle era pouco. E cas patatas do cedo, empezou a plantar “cocos”, outro nome que lle poñia Picho as cabazas. E casi de repente, sin que a primavera ainda non se fixera patente, miramonos nas nosas casas confinados. Un virus de “familia real”, o coronavirus. Un virus que ainda sigue estando presente no noso día a día, e que ten trazas de que si ou si, vai mudar a nosa forma de vida.


Os días pasaban no medio da incertidume, esa paralización total dunha sociedade que basa toda súa economía no comercio, facianos pensar que habia que plantar mais verzas cás de costume. E de vez en cando que falaba co Picho por telefono, sufría o rapaz por non poder ir regar os cabazos, pois a pandemia seguia sin dar tregua. E xa cando as autoridades competentes empezaron a deixar ir a xente aos campos, o picho dava pinchos de alegría, alí o miravas todos os días, si non era nunha leira era noutra, pero sempre cos pes na terra, regando de pé todas suas hortas.

A primavera pasou, chogou o vran e con el un prolongado tempo seco, e así o Picho non deixou de regar en ningun momento. Bendita constancia, que o desexo alcanza.



Despois dese primeiro confinamento, as autoridades empezaron a deixar libre movemento, cas precaucións que temos que tomar en cada momento.

Eu pola miña parte, durante todo ese tempo, dediqueime a arranxar todo o eido e os cubertos para albergar tal cantidade de cucurbitáceas. O aido do Pancho, onde se vai ubicar o museo do rural galego.

E xa nas portas do outono empezouse a colleita do froito que tiña a ramada seca, Picho e seu fiel cuñado Telmo, non deixavan de traer viaxes de cabazas na pequeña furgoneta aberta con grua que o picho ten dende a época que traballaba de encargado en Barreras.


Según como colocabamos as cabazar enriba do canizo, sobre o muro, sobre o pilon do pozo, sobre andamios e en todo sitio que encontraramos, ivamos sacando fotos e compartindo con compañeiros e amigos. As reaccións todas eran de agrado,.

 


 


un día falando con Boo, un compañerio que vive na parroquia de ares, e que é un deses rapaces que lle gusta e ve necesario estar en todos eses movementos socias que axudan a veciñanza, saltoume nos miolos a idea de facer competicios entre parroquias da comarca, para dar mais visivilidade a cabaza.

E con cada cabaza que colocabas, un feixe de ideas vulian pola cabeza.

Que si concurso de quen ten a cabaza mais grande, ou mais bonita, ou o que ten mais cabazas, todo un mundo de concursos ao redor das cucurbitáceas.

Que cada veciño expoña alá onde lle cuadre, en bares en restaurantes en centros culturales, e entre todos xuntos facer que se popularice o consumo das cabazas. E así crear unha economía ao redor da cabaza, que sirva para ir tirando no noso día a día.


Este ano decidimos facer a feira das cabazas todo o mes de octubre, para o ano comenzara en octubre e hasta que as cabazas duren.


Este ano na inauguración non faltou castañas nin queimada, ainda que foran poucas barrigas que as degustaran, pois a pandemia obriganos a manter as distancias. 

 


 

Esperemos para o ano que milloren as circunstancia e se suman mais almas a este pequeno proxecto.


As ideas quedan ahí, metidas en todos os miolos que leeron este pequeño esbozo. Esperemos que broten en terra fértil, e que para o ano teñamos calabazas en todas as casas.