sábado, 29 de enero de 2011

A XESTION DO NOSO MONTE


                                   A XESTION DO NOSO MONTE

                         Quixera intentar explicar dende o meu punto de vista a importancia que vai ter a xestion do monte, e dunha forma especial na parte da xestión da Madeira, e mais concretamente, a producción dedicada para sua posterior transformación en enerxia. Para iso intentarei expoñer o panorama enerxetico, como nos vai afectar, partindo da base de cómo é esa enerxia que necesito no meu día a día, como a obteño, e como a podrei opter nun futuro non mui lonxano.
            Eu necesito enerxía eléctrica para o despertador, para o movil, para a nevera, para o medo, (alguns nenos pequeños, durmen cunha luz tenue.). Cando me levanto, necesito encender a luz, sinon non miro, tamen necesito enerxia para o motor do pozo, ah! olvidaba que para ter a casa quentiña, tamen consumo enerxia. Para ir o traballo necesito desplazarme, en coche, en autobús, en tren, todos eles consumen enerxia. Cando estou no traballo, para facer as cousas que logo vendemos, necesitamos enerxia, polo tanto, todo aquilo que compro necesitou unha enerxia para facelo, polo que chego a conclusión, que necesito esa enerxia.(e non pouca, co precio que ten, e subindo).
            Asi como eu que necesito esa enerxia, imaxino que o resto das persoas necesitan a mesma que min, polo menos para ter este Ben Estar, (que a veces nos parece pouco).
            Tamen é certo, que as informacións que nos chegan doutras partes do mundo polos medios, nos estan a decir que muitas persoas que nunca tuveron esa enerxia a empezan a demandar, como aquí, fai 30 ou 40 anos. (e oxala se cumpla a profecía, ou utopia, de que todas as persoas do mundo, teñan as necesidades básicas cubertas).
            Pero, volvamos a enerxia, que é o que toca nesta parte; a población tan grande que teñen os paises emerxentes, estan facendo que o consumo enerxetico mundial suba sin parar. Imaxinemos que cada chino, por fin pode ter nevera e unha moto,(coma nos, fai 30 ou 40 anos), non bai haber corriente nin gasolina que chegue.
            Esa é unha parte dos problemas que podemos ter no futuro, casi presente diría eu, por iso é mui importante saber como se vai conseguir esa enerxia, por que o millor temos que ir apagando as luces, si non queremos que no la corten por impago.(sempre e cando non sexamos independientes, enerxéticamente, claro esta).
            E por iso, e por muitas razons mais, ( as inversions en renovales, e o protocolo 20-20-20, etc, etc,) é necesario unha ordenación do monte, por que vai pasar a ser un punto indispensable na enerxia do futuro, e non quería que chegaramos a andar a paus, como nos paises que hoxe en dia teñen grandes depositos de enerxia, (os motivos das lirotas son para analizar a parte), outra utopia mais, pero como empece a correr o carto polas comunidades de montes, xa miro ós veciños uns contra outros, tamen xa noto a os concellos querendo un cacho de pastel, e a Xunta, e o goberno central, que no fondo son eles os que van a facer o reparto, son os que se van a quedar ca tallada mais grande, por iso nos neste momento, antes de que sexa demasiado tarde, temos que empezar a organizarnos, sinon vamos a quedar sin comer do pastel.
            E si simplemente é iso, non hai moito problema, porque todos somos Estado.
-ah! Pero si logo montan unha empresa do estado.
-bueno, si a empresa é do Estado, tamen é nosa.
-pero si logo no la privatizan.
-Botaremos as mans a cabeza, e choraremos as nosas desgracias.

            Polo tanto pidolle a comunidade de montes, que poñan todos os esforzos en conseguir un plan estratéxico para o noso monte, porque igual chega o dia, e nos dicen que nos teñen que sacar o monte, porque non temos un plan estratéxico concreto, e o millor nos dan solo hasta septembro, igual cas caixas.

            E todo isto, non é para que o teñades en conta, simplemente é para dar meu punto de vista.


T.Alfaya

-de todas las carreras que existen, la mas curiosa es la política, porque solo hay una carrera política en la vida de cada uno, y el que la empiece, muy preparado tiene que estar, porque un solo fracaso, no te da una segunda oportunidad,
                        Moco.