y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:
Para todos os Muiñeros.
Agora que Alverto deixou a presidencia para pasar a ser
Muiñeiro de honor da orden do río Tripes. Co xuramento de que nin vivo nin morto o apartaran deste
entorno,
Na defensa do seu patrimonio.
Neste día Quixera deixar constancia e facer un Homenaxe a
Alverto e a todos eses que con el comenzarón a recuperación do entorno donde
nos atopamos. Por todo o que aquí se
leva feito, con todo o cariño e respeto. E que non me tomen a mal, todo o que eu
aquí interpreto.
De complexión delgada, de non moita estatura, con unha
frente que lle chega hasta detrás das orellas, e casi sempre alegre. Home da
terra, comprometido con ela.
Rariño, para o común dos veciños, pero lóxico entre os
xenios do común sentido.
a veces, é para darlle de comer aparte, Ainda que outras
moitas mais veces somprendenos con esa constancia para lograr os retos que día
a día se marca. E da gusto estar ao carón del, escoitando esas historias que o
marcan eo definen.
Non sei si é
gaiteiro ou sopla gaitas, no medio de todo ese traballo que o rodea.
Os primeiros recordos que teño del, son enriba de aquela
placa facendo postes para a viña, montaba o molde con unha man de aceite para
logo desmontalo mais facilmente, dobraba o ferro, e unha vez posto no molde o
enchía de cemento. eu un neno na escola de Randufe, que a veces parábame a
observalo.
E Daquela cando me levaban meus irmans maiores a ver
aqueles partidos de futbol, tamen o miraba detras de aquel balón, que pequeno
como era ao lado dos outros, corría como unha centella.
Un dos primeiros gaiteiros da parroquia que eu recordo,
dáballe tamén ao tambor eo bombo.
E logo todas esas esculturas, en madeira e en pedra, esas serpes que
predominan nas súas tallas. Eses seres mitolóxicos de meigas e fantasmas.
E dentro de todas esas rarezas, como todos temos, e un bo
home, un deses homes que o pensan. E si atopa unha millor proposta, non duda en
aplicala, veña de quen veña. Pero como vaian en contra, que se aparten que os
escorna.
Que decir dese persoeiro. Teimudo en todo aquilo que
emprendeu, tropezando coma calquer fillo de veciño. E emprendendo de novo outro
camiño que o vai levando, entre outros lugares, polo medio dos muiños.
Con ganas de transmitir todo o aprendido, xa publicou
varios libros, (
), de lendas e tradicións, de natureza e misterios. Agora rematando o da
toponimia que nos leva polos recunchos deste entorno.
E quixera que estiverades atentos a esta enseñanza que me
deixou nunha ocasión,
-“despois de arranxar o muíño da Devesa da riba, contábame
Alberto, exhausto e cansado fun Sentarme no medio do camiño, e empeceille a
darlle voltas e mais voltas a cabeza.”
E no seu deliberar
sobre o traballo que fixera, e ao comparalo con todo aquilo que lle bulía na cabeza refrente ao entorno, facíaselle
imposible conseguir ese soño el solo.
E pensou que
tiña que buscar xente e convencela, e que se sentiran tamén parte desta terra,
da historia que nos leva. E foi cando decidiu montar a Asociación dos Muiñeiros
do Río Tripes.
Toda unha odisea para alcanzar manter viva unha parte da
nosa historia. Unha parte que nos define como persoas.
Entón foi xuntando amigos, e pouquiño a pouquiño ca
constancia que o caracteriza, iso que empezou con unha idea, despois de subir e
baixar polos carreiros que o levan aos muiños. sin faltar contratempos que os
desmoralizan. Pero co apollo
incombustible da sua compañeira, Empezou a brotar a semilla.
e sigue adiante, unha e outra vez. A veces impaciente,
dende o meu punto de vista, por non darlle tempo aos demais de comprender. Iso
si, teño constancia que foi collendo mais paciencia co tempo. Xa o di o refrán,
“a burro vello non o apures, aínda que del te podes despreocupar, pois sabe
todos os camiños por onde andar”.
--
Despois dun pequeno letargo na ilusión do que fomos,
dende o necesario que foi este entorno para a vida do pobo. Rexurdiu Un lugar para recordar, no medio dos
soños compartindos.
Un Museo o aire libre, con toda a cultura das nosas
raices.
Un entorno que resucita das mans destes “homes bos e
xenerosos”.
Nas mans destas xentes que sentiron que algo se perdia,
si desaparecia todo ese pasado que nos trouxo.
Esas almas que estan aquí presentes, algúns xa noutras dimensións,
pero que esa labor que iniciaron, no las trae as nosas mentes.
E sentimos a presencia de todos e cada un, na nosa
memoria.
Alberto, Fino, Carmen, Pachin, Emiliano, Benito, Carlos,
Juan Manuel, Xose Luis e francisco.
E con axuda dos meigallos das fadas e dos trasnos, seu
legado perdurara, e quedara para sempre seu recordo neste lugar.
Esa naturaleza viva que conserva e transmite as historias
que nos levan.
Ese regato de auga fresca que move conciencias.
Esas xentes que conforman o entorno do paraiso donde nos
atopamos.
A naturaleza fainos libres, e somos nos os que buscamos a
dependencia das partes.
neses paseos polos misteriosos encantos do entorno.
nesas miradas a esencia de quen nos acompaña.
Neses Amigos que conservan as tradicións que nos arraigan.
Creando lazos para unha millor concienciación na
conservación da naturaleza. Desa naturaleza que nos trouxo hasta aquí, hasta
este presente. Desa naturaleza que forma parte das nosas xentes.
Unha familia, unha forma de vida. Unha vida que se sinte
formando parte do entorno.
E ainda é mais que iso, somos nos como sociedade.
Con un entrono que é a “Arca da Amistade”, a “Arca da
Alianza” que une o pasado co presente e co futuro.
Porque todo isto son as bases na relación das partes.
Todo este entorno ca sua cultura que ven de longo. E que sin esas raices que
veñen do pasado, o futuro non seria como o estamos soñando.
E Metidos nun soño nos atopamos, nun soño que eses
primeiros foron quen de pensalo, e que no camiñar do día a día o foron
logrando.
E sigue esa ilusión puxando de nos, cada un acoplandose a
función que millor sabe facer. Co apollo do grupo, que sempre esta disposto a
compartir o esforzo. Facendonos sentir parte do que somos.
Non o dudedes e unidevos na parte que encaixedes. Un
simple aplauso dende este recuncho do mundo, pode ser quen de provocar un
sunami na outra veira do mundo. “que Deus non o queira”.
Pero pido un aplauso para todos estes pioneiros da
“asociación dos Muiñeiros do Río Tripes”. Un aplauso por esa primeira unión que
nos trouxo hasta aquí.
E Que Día a día estan cuidando as nosas raices, para que
a sociedade sexa mais forte no seu sentir.
Enraizados a unha terra que nos deu de comer.
Muíños que volta tras volta moen o gran que a natureza
nos aporta.
Somos todos veciños que dun e doutro lado hoxe
coincidimos aquí.
E Hoxe o temos mais facil que esas xentes que vivian da
necesidade deste entorno, con uns medios tecnoloxicos que escomenzaban a
crecer.
Hoxe So e cuestión de querer, de organizar un pouco o
saber.
Hoxe seguimos precisando este entorno, para non olvidar o
que fomos. Ese compartir o esforzo, ese vivir a comunidade como parte de un
todo.
As augas baixan contentas salpicando de frescura toda a
“boca do inferno”, para que en radial tesitura, nova as moas que converten o
gran en alimento.
--
E agora Quixera pedir un minuto de silencio, Non por
nada, e perdoade, e que non se interprete mal. Sinon un minuto de silencio como recoñecemento
a todo ese esforzo, a todos eses minutos en silencio que deberon de ter para
lograr ser hoxe o que somos.
quero que nese minuto,
todos nos reflexionemos sobre o entorno, e o que cada un de nos, pode
facer para mantelo vivo.
E así quixera que se fixera cada ano. En recordo de Alberto
e de todos eses que aportan o seu traballo eo seu tempo. Aos que estuveron, aos
que están eo aos que estaremos.
E que esa semente brote en cada individuo na faceta que
lle marque o seu destino. A sociedade, necesita xente con ese espiritu.
Por favor un minuto de silencio.
Pasado un minuto.
Non olvidedes a esperanza, que co tempo alcanza a consecución
dos vosos soños.
Poñer todo o empeño, e pulindo as esquinas, disfrutar do
voso tempo.
Moitas gracias a todos, e sigamos disfrutado de todo.
Sentídevos parte do entorno.
Demos paso aos gaiteiros.