sábado, 3 de agosto de 2019

As “Puriñas”


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:



A deus a esa parte da historia viva de Tuiy meu pueblo.

As “Puriñas”, unha tenda-taberna-estanco, onde podes atopar os ais variados productos, dende productos de limpeza hasta frutas e berduras mais frescas, saídas das hortas desa “xentiña” que as sigue traballando, e co sobrante fan unha pesetiñas.


Por xubilación, cerran as “Puriñas”, despois de casi un século, estando casi todos os dias ca porta aberta.


Atrás quedaron aqueles tempos de “Bonanza”, cando media tenda estaba ocupada con caixas de Bacallau, e outra media con caixas de plátanos, nos tempos cando so se abría a fronteira o dia de San Telmo eo dia de Navidade. Neses días tiñan que pechar as portas, e ir deixando entrar segun ían saíndo.
Nunha época en Tuiy, onde no camiñar tropezabas con todos os bacallaus que penduraban nos toldos de entrada de cada baixo reconvertidos en supermercados, onde os “Talhos” proliferaban por todos lados.

Un dos últimos vestixios do “Comercio Local”,
Adeus a unha época, adeus a unha realidade que nos trouxo a actualidade.


Despois de herdar a tenda, Trinta e cinco anos aí “pechada” estibo “Tete”, sin vacacións e librando so os domingos a tarde, para dedicarllos a limpeza do fogar.
Con “Tete”, e ese merecido descanso, váísenos unha parte viva da historia da nosa cidade. Aínda recordo de neno entrar nesa tenda, chea dun mundo de “cousas”, para un neno de aldea onde na súa casa aínda non existía a neveira, unha idade que recordo como a “niñez” da sociedade, que no pensarse foi evolucionando nas artes. Nas artes comerciales, principio dos grandes centros comerciales. Que desplazan a todos estes pequenos comercios.


Cas “puriñas”, perdese esa tenda onde a “Sociabilidade”, agasallábase a todo aquel que por alí pasaba, que na coincidencia con outros clientes, íase formando unha nova familia.
E venme ao recordo aquel grupo de vellos amigos, que aínda estando xubilados, xuntábanse ao redor dunha chiquita. Cantos debates acalorados, cantas insinuacións polo calado, en tempos onde a expresión estaba “coartada”. Cantas noticias transmitidas de boca en boca, cantas historias, que nin se contan.

Vaise para non voltar, deixando en nos unha nostalxia, dun tempo que xamais sera.
Grazas polo servizo prestado, con todo o esforzo dos anos.

Epitafio:
Que o vivido sirva para comprender millor noso presente.

2 comentarios:

  1. La tienda de purita,las puriñas era el comercio de ropa de enfrente jejeje

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias pola aportación. Eu tiña miñas dudas, pois coñecia o cruze como o das “Puriñas”, non teño na miña memoria ese comercio de roupa. E escoitara tamen o das “Puritas”, e pensei que era unha derivación da lenguaxe, no borrador hasta tiña ambos con interogación.

      Eliminar