viernes, 26 de octubre de 2018

noite de difuntos


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


La naturaleza de nuestros sueños, es la que nos mantiene despiertos.

Xa se acerca, xa se asoma. Xa esta aquí a noite mais misteriosa.
Noite de difuntos, porta aberta ao inframundo.

Noite de santos, espiritus libres, de arraigos inconfundibles.
Terra máxica, que no altar do sobrenatural, deposita seu andar.


Xa na do Pancho estamos preparando o magosto para “Samain”.
Xa estamos preparando todo, para cando se “abran as portas”
e entren os espiritus ausentes para estar cos presentes e disfrutar dun bo ambiente.

non te perdas o acontecemento, ben e disfruta do Momento.

No Bar Pancho, ao carón da egrexia da Guía, (unha das portas na antigua mitoloxía).
O 31 de octubre do presente ano de dous mil e dezaoito.

Nota:
nada mais cair a noite, xa abra castañas asadas e viño novo.
Ingredientes máxicos necesarios, para poder chegar a falar cos “mortos”.
En cada peido, un espiritu do inferno.
En cada trago, un espiritu do novo reino.

E así hasta que se pechen as portas das nosas memorias. E quedemos de novo na realidade, chegando a unha conducta consciente do noso presente.
Mantendonos despertos na natureza dos nosos pensamentos.

Aquí vos espero. Espiritus de toda condición e crenza.

domingo, 14 de octubre de 2018

Xogos dunha infancia pasada.


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:



Xogos dunha infancia pasada.

-¿hai luz? ( a grito pelado)
- e claridade cando fure. (escoitábase dende o outro lado).
E salia o gardián cruzando o circulo máxico.

E comezaba o xogo. Un xogo de nenos ao redor da igrexia da guia.
Un xogo que viña dende o paleolítico. Transmitido de xeración en xeración hasta os nosos dias. Un xogo de adestramento na loita contra os elementos. Un ritual máxico de unión cos astros.

Cos rapaces que estabamos, faciamos dous equipos. Como minimo tiñamos que ser tres por equipo.
Dos que apandaban, todos menos un quedaban sentados enriba dunha pedra facendo un circulo e mirando cara o centro. O que quedaba fora, era o “guardian” do “circulo máxico”.
A misión do equipo dos que non apandaban, era que un deles tiña que cruzar o circulo maxico, estando todos seus compañeiros detras de cada un dos que apandaban.  O “guardian” tiña que darlle “pita” a calquera un dos equipo contrario, que estaban a salvo so detrás dos que estaban sentados, tendo as mans nos ombros e de puntillas e totalmente calados. Si lograba darlle a un, a xogada remataba e cambiábanse os equipos. O “guardian” tiña que ir rotando en cada xogada.


O xogo era un xogo puro de estratexia, escollíanse aos compañeiros de xogo despois dun “pedra, papel, tixeira”. Para que as forzas foran mais equilibradas.

no atrio nos xuntabamos mais de vinte rapaces de distintas edades, un xogo que se facía ao anoitecer. As pedras estaban en circulo xunto a oliveira, frente ao templo, no atrio do barrio da guia. Era unha noite de luar, calurosa de vran,  Eu era un mingurrias ao lado dos demais rapaces, era a primeira vez que me deixaban xogar. Nos non apandabamos, e fomos escondernos por detrás de igrexa, alí xuntos estudiabamos as estratexias, os mais forte do grupo, tiñan que axudar ao mais débil a chegar.

ao lado miña agarrándome da man o Alfonso pinzas eo Marcos o chuvias, si eu tería seis anos, eles terían uns dezasete ou dezaoito. Eu era a peza mais débil, o “guardian tiñame en mente,  e levábanme en “volandas” por todas partes, eu tiña que estar calado, e agacharme segun eles me ian levando. Os demais do equipo facendo acercamentos de engaño ao circulo, intentando chamar a atención do “guardian.

 Nos agachados polo xardin da casa do cura. Cando escoitamos berrando “xa vos atopou” “xa vos atopou”. Dun pincho salta o pinzas eo chuvias de enriba do muro, e eu agarrado das suas mans levame tras eles. Meus pes non pisaban chan, e xa casi ia en horizontal. Pola izquierda apareceu correndo o Copena, que era o “guardian” do circulo máxico. E en pleno vuelo que eu levaba, deron un xiro de noventa grados, neses momentos resbaloume a man do que por dentro quedaba, e alá vou eu a rebolos polo aire, caindo por aquelas laxes que no atrio había. (para min acabouseme a partida). Bueno , para apandar sentado tamén valía.