lunes, 29 de julio de 2013

Un grito aos catro ventos.




Un grito aos catro ventos.

 ¿Como lle contestamos a dor de cabeza?.
Primeiro cuns calmantes,
E logo buscando respostas…
Cara a solución da dificultade.

“as verbas, como moitos, quedei sin elas, para escribir duas lineas, necesitase toda unha vida.” X.A.R. non desesperemos no intento

Enmudecemos o escoitar a noticia do acontecido,
O repentino silencio do pensamento,
Penetra en nos,
No efmero paso do tempo.
Un mundo de soos rotos,
Que gritan en silencio.

Nun instante.
como espada de Damocles,
que guia nosos pensamentos.

Non sei quenes eran,
Nin me importaba a sua vida.
E de repente,
Despois dunha traxedia vivida,
Irrumpen no pensamento,
Como si os coeceras de toda unha vida.

bagoas secas,
No paladar da existencia.
Gritos en silencio,
A escoitar o feito.

E unha pregunta no aire.
Por qu?
Por qu nos invade o sufrimento?,
Por qu entra en nos a morte dos seus pensamentos,
Dos que alá... foron¡¡

Dos que foron... No auxilio!!

O son amargo do momento,
A insignificancia das ilusions,
A permanencia dos pensamentos.

Qu facer para apaciguar o sufrimento?,
Que facer o lado do co perdeu algun compaeiro.
Que facer para gritar aos catro ventos,
E que se valla o lamento.

Un simple pensamento.

Por qu ese instinto de sair en auxilo?
Sin pensar nas consecuencias do ocurrido.

Qu cambia na mente humana?
No instante de escoitalo.
Qu pensamento queda para sempre en silencio?
Que silencio sobrevive o recordo,
Que vidas… dos que con eles algo compartan.
Por qu esa dor como si foran da familia.

Bagoas que derramas polas xentes
Que ata onte… Eran extranas.
Que parte das nosas vidas,
Perdeu a sua alma.
Sufrimento de individuos,                   
Polos que algun dia estuveron vivos.

Un grito aos catro ventos.
Como parte do mismo miembro,
Sentimentos que cada un leva dentro.
Acontecementos que marcan movimientos.

¿Qué é nosa vida…  sin a suma de pensamentos?.

lunes, 22 de julio de 2013

EXPERIMENTA...



Experimenta, Busca, Encuentra.
Nuevas melodías,
Nuevas justicias,
Nuevas leyendas.

Experimenta, Busca, Encuentra.
Sonidos, palabras,
En la plaza inmaculada,
Rebusca de nuevo en la mirada.

Experimenta, Busca, Encuentra.
Nuevas músicas,
Nuevos pensamientos,
Nuevas historias.

Experimenta, Busca, Encuentra.
Sabores, razones,
En la plaza del encuentro,
Rebusca de nuevo en el recuerdo.

Experimenta, Busca, Encuentra.
Nuevos métodos,
Nuevas leyes,
Nuevos momentos.

Experimenta, Busca, Encuentra.
Sensaciones, ilusiones,
En la plaza de los sueños.
Rebusca de nuevo en el tiempo.

Experimenta, Busca, Encuentra.
Nuevas _______,
Nuevos _______,
Nuevas _______,

sábado, 20 de julio de 2013

A Virxen do Carmen



A virxen do Carmen, Levarona en romeria,
Sairon de Santo Domingo, Baixarona pola marina.

A virxen do Carmen, Levarona nuha lanchiña,
Subiu o alcalde, Con toda a camariña,

A virxen do Carmen, Levarona polo río,
Aconpañada de mariñeiros, Franqueada polos riveireños,

A virxen do Carmen, Levarona Baixo a ponte,
Tiraronlle petalos de flores, E canticos dos señores.

A virxen do Carmen, Subirona polo río,
Surcando sentimentos, Xogando co momento.

A virxen do Carmen,
De volta as costas polo camiño, Levarona de novo para Santo Domingo.
Portada por pensamentos divinos, Que arrastra o xentio.

Aí! virxen do Carmen!.
Ti que xuntas a de-votos, No interes do poderio, Que nas ideas confunden ao xentio.
Un milagro che pido.

Aí! virxen do Carmen!.
A queles que detrás de ti camiñan, Que sexan conscientes da vida.
que Os rezos podran apaciguar a fatiga,
Pero sin buscar a solución, Non se atopa saida, A os problemas que temos na vida.

Dalle palabras para que falen dende a razón, Ainda que está non sexa divina,
Que as razóns do divino corazón, solo sirven cando non tenemos claro unha saida.



miércoles, 17 de julio de 2013

Festa do Miño.


Festa do Miño.

Río con augas vivas,
Nacido en fontefria,
Xunto cas augas do sil,
Entra en Tuiy,
E tornase manso e Divino..

Río de augas tranquilas e caladas,
Río de meixons e lampreas,
Río que rega riveiras,
Río de lunas e mareas,

Río que fala de festas,
Festas a veira do río,

Centos de remeiros,
Festa do río,
Descenso do minho.

Suben os gañadores ó podio,
Santos que esta festa Honra,
Xentes que co esforzo,
Consiguen a gloria.

Tuiy esta en festas,
Bullicio polas ruas,
Festas sin curas,
Tuiy esta en festas,
Adorando o Deus Minho,

Soan orquestas no clautro da catedral,
Catedrales sempre engalanadas de festa,
Romarias populares na Ribeira,
Comida pola corredeira,
Sons de gaitas culturais,
Bailemos que Tuiy esta en festa.

Xuntas as asociacións culturais,
Reparten sabrosas delicias,
De cultura enchen as mentes,
De chourizos as barrigas,

Góticos concertos enclaustrados,
Trompetas do barroco,
Falan con ¡creatiVIDAde!
Das xentes da cidade,

Aromas musicais,
Notas afrutadas,
Conferencias apasionadas,
Sabores sostidos,
Dulces corcheas,
No paraiso non falta,
Nin musica nin viño,

Todo orredor da festa do río,
Tuiy esta en festas,
Adoremos o pai Minho,

Todos estes eventos,
Moven a xente como si fora sangue,
Enchendo as ruas de Tuiy,
Dandolle vitalidade,

Tuiy esta en festas,
Mirando cara o Río.

lunes, 15 de julio de 2013

Perros Guardianes de la Vergüenza.

Perros guardianes de la vergüenza.

¿Cuánta hambre se pasa por vergüenza?
¿Cuánta vergüenza podemos tener? Hasta que nadie pase hambre en el planeta.


Sociedad con distintos niveles de vergüenza,

o dicho de otra forma, 
sociedad de dispares Sinvergüenzas. 
Sinvergüenzas que protegen su culo, 
sinvergüenzas que piden para luego hacer lo suyo. 

¿Qué vergüenza es esa, cuando uno pasa hambre?, 

somos como perros detrás de un trozo de carne,
 marcando los precios hasta de su sangre.

Sinvergüenzas,

 estresados sinvergüenzas por los acontecimientos del tiempo.

Perros guardianes de la vergüenza,
Dejad que el hombre se alimente de ella,
De ello depende el Poder,
Para que bien se hagan las cosas.


Vergüenza tienen que tener, los que actúan de forma maliciosa,
Lucha del poder,
Gloria del saber,
Vergüenza del hacer,
Sinvergüenza que encierra al ser,
Ley del Deber.

Todo depende del miedo,
A la vergüenza, al sinvergüenza,
A los hombres que nos pueden enfrentar como perros,
La vergüenza en la política es lo que queremos.

Perros guardianes de la vergüenza,
Alimentad con ella al Poder,
Que el Pueblo ya esta arto,
De tanto sinvergüenza.

Sociedad ilustre de Paganos,
“Rústicos aferrados a sus ancestrales tradiciones idolatradas”,
Dejad que la vergüenza entre en vuestra casa,
Antes que el hambre se coma toda esperanza,
Y el pueblo pierda la vergüenza,
Comportándose como perros que aguardan por un trozo de carnaza.

sábado, 13 de julio de 2013

A Cova do Lobo

A Cova do Lobo,

Era hora do café, e como casi todo-los días os clientes do Bar Pancho antes de bota-la partida ó tute, saen á terraza a botar un pitillo e charlar un pouco. Na conversa alguén comentou unha Historia sobre a Cova do Lobo, que decia así:

Debía ser aló polo ano 1980, estabamos xuntos no atrio coma calquer Domingo pola tarde, debíamos ser uns dez rapaces que no falar contaban historias da Cova do Lobo. Dende a Igrexa fomos baixando polo río da Guia, pasando polo carreiro que vai por devaixo do cementerio, a tarde xa estaba casi pasando, cruzamos pola mina da Lombeira hacia o regato das mañiscas e subimos hacia onde estaba Can-Fran, os mais novos teríamos uns nove ou dez anos, os mais vellos terian catro ou cinco anos mais.

Eu nunca pasara da mina da Lomberira, que era onde me mandaban ir buscar auga cando estabamos no campo dos Castros, subín por aquel monte que se me facía tenebroso no medio das historias que iban contando alguns dos que alí estaban, falaban de lobos que comeran a homes, de homes que eran coma Lobos, pero aínda co medo facíache treme-lo Corpo, seguías ca ilusión dun meno na búsqueda de aventuras descoñecidas.

-“aquí, aquí esta a entrada da cova”.
un buraco que debía medir uns tres metros de diametro,

- “ten que haber outra entrada, según escoitei a un vello o outro dia na casa”.

No medio de todas aquelas silveiras atopamos unha entrada, só un de cada vez puido entrar do estreito que era, o chegar dentro, viña un tunel pola dereita e outro seguía pola esquerda, debía ter uns cinco ou seis metros de alto, apenas se miraba naquel burato no medio do monte e xa empezando a escurecer, de repente escoitouse o aullido dun lobo xusto enriba da cova.

-AUuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu,,.,
-AUuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu,,.

A idea de que o mundo xa se acababa apodereuse dalguns de nos, que empezamos a chorar coma o que éramos, uns nenos. Non sei o tempo que estivemos alí, pero eu o recordo como un deses tempos eternos, donde o animal de presa esta á espera de ser devorado por todos aqueles medos que o teñen aletargado. No medio dos aullidos e dos berros de auxilio, escoitouse unha voz dunha Muller que dende o alto procedía.

- “o lobo foise, e como non saiades axiña ha de voltar con toda-la familia”.

Saímos todos coma foguetes e fomos xunto á Muller que nos salvara a vida.

O do lobo era todo mentira, foi a vella que véndonos entrar na cova, oveou coma un lobo para meternos medo e que por alí non andiveramos, aínda que na cabeza me quedara que o lobo convertírase en Muller.

Alguen de Anta que polo Bar Pancho estava., despois de oír o conto Comentou:

-“Por alí estaba as Covas das Povanzas, donde esta agora o polígono industrial, que eran os ocalos ou pozos de rexistros, das augas que viñan das Mañiscas polo muiño do Frade. Entraban alí onde está a vía rápida xunto o polígono, atravesaban todo o monte para ir regar os campos onde hoxe está o Gadis. Eu estiven alí varias veces limpandoos, e a auga saía por onde está a ponte da autovía e por un canal pasaba ó outro lado para regar os campos, había que pasar con cuidado que polos túneles, pois criaba a raposa e cando tiña cachorros era perigosa , logo mais tarde o Esteban do Curiña puxo tuberias.”

O Rafael seguiu contando algunha aventura daquela época, coma cando o parou a garda civil camiño do muiño das Mañiscas co burro cargado de millo, que levaba a moer.

Estas e outras historias haberedes perder, se polo Bar Pancho non ides tomar café.

Bar Pancho.

miércoles, 10 de julio de 2013

Monumento a os Emigrantes


Camiños que nos levan polo Mundo,
Mundos que atopamos polos camiños,
Emigrantes do destino,
Monumento a os peregrinos,
Terra que acolle a seres vivos.

Mares de luces e sombras,
Emigrantes,
Cada un ca sua historia.
Emigrantes da vida,
Cada un co seu día a día.

Habitantes deste mundo.
Maletas cheas de recordos.
Na loita polos soños.

Cousas importantes,
Camiño de emigrastes.
Posibilidade de vivir en calquer parte.

¿é importante a emigración?
¿para o que queda,
Ou para o que foi?

Camiños da ilusión.

foto: Jose Alfaya Perez,
escultura: Pelayo Alfaya Perez, (monumento a o emigrante Melon Ourense)
letra: Telmo Alfaya Perez.

martes, 9 de julio de 2013

La Humanidad


Esta especie animal que necesita siempre creer en algo,
El disfrute de la vida, exista o no un ser extraño.

Todo absolutamente todo es devoción, o religión.

Y lo divino huele el aroma afrutado de la vid,
Que entrándole por la nariz,
En el paladar tiene el matiz.

Hay religiones que alaban a Dioses,
Otras abrazan los deportes.

Hay religiones que en las bibliotecas tienen sus pasiones.
Otras en el aroma de las flores.

Nin con tigo ni sin ti,
Yo puedo vivir.

Y en lo imaginado,
Cada uno por su lado.
Y en lo divino,
Cada uno con lo vivido.

Si a unos les gusta el agua,
A otros el vino.
Todo lo servido por lo comido.

O Mundo do Chimpin



As historias que me contou Raimundo, nun día de sulfatar as viñas.

-imos a tarde a dar sulfato, dime meu sogro.
- pero non ias a dar o sulfato ós sabados.
-sí, pero para o sábado dan chuvia e temos que sulfatar antes de que se molle a folla.
-entón a que hora.
-as catro e media é boa hora.
-pois por aquí estarei.

            Fun comer, e de volta o Mundo xa tiña a carretilla sulfatadora enriba do chimpín. No primeiro intento de encendelo, fóiseme a corda hacia atrás e casi me fode unha man. No segundo encendeu, despois de tomar unha millor posición, puxei e pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Mentres o Mundo vai dar a volta a rotonda de Areas, eu cruzo polo paso de peóns, tendo que pasar tamen porriba da isleta, técnicos do carallo, ¿? como pasará por aquí unha silla de rodas, farán como o Pintos co carro do burro ¿?. Despois desas reflexións mentras esperas, o ruido do chinpín que se acerca, subo, e tiramos para o campo das Bouzas, pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Desenrosquei uns sete metros de manqueira e xa escoito;
Prrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr………. . O Mundo encendeu o motor para dar o producto que protexa á viña, do mildiu e doutras patoloxías varias. Metinlle a primeira velocidade ca palanca, e a paso de tartaruga na outra, deixeime ir co chimpin por aquela viña larga, detrás viña o Mundo esparcindo os elementos que han de acabar cas plagas ¿?, non tardamos mais de dez minutos, por fin paramos o sonido impertinente do motor da sulfatadora de carretillo, despois de recoller a mangueira tiramos cara ós Santiaguiños, o campo que esta a beira do Minho. O Mundo apreta o acelerador e pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Cando vou no remolque do chimpín, gústame ir de pe apoiado na parte mais alta, para poder ver as cousa dende outro punto de vista ¿?, sitios e situacións donde día a día estas paseando a un nivel distinto. Baixamos cara á estrada nacional mais corta do estado español, ¿para cando pasara a formar parte urbe?¿?. Saímos outra vez ao paso de peóns sin antes deixar de pasar pola casa de todo un campeón, e collemos dirección Tuiy, pasamos por diante da carpinteria do Nicasio, e alí donde está o bar Aturuxo do meu amigo Mariano, torcemos á dereita, e tudo po frente , si o camiño seguira recto chegaríamos a caer no río, pero xa vendo a ponte e as fortalezas de Valença na outra beira, o camiño torcese de novo para a dereita, por ahí xa é de terra, xusto despois da antigua depuradora de augas residuais de Tuiy na parroquia das Bornetas, que esta que da pena,¿? ¿ podese observar trozos do rio, e anacos da fortaleza no medio da maleza, chegamos ao campo que salvo a viña, o resto debe facer uns quince anos que non o traballa, o carballo que está no medio rodeado de silvas e fentos así o atestiguan. Xusto orredor da viña que esta prantada en forma de u por todo o campo. O Mundo xa cortara a herba, e o chimpín, en camara lenta, deu toda a volta. O Mundo iba sulfatando antídotos para a viña, en vinte minutos rematamos e partimos para a finca, este ano non damos sulfato na viña da estrada, por que a cortamos fai uns meses, despois de que o Mundo a prantara cando era ainda un neno, si daquela decia que co tempo a ía cortar, por tolo podíano tratar.¿?.

            Despois de limpos os aparellos de traballo, fomos tomar un viño fresquiño a bodega, xa quedaba pouco, o ano pasado foi mala colleita.

-foi rapido, nunha horiña chollo rematado.

-isto agora é unha maravilla, si fora como antas co; chif  chif, botavamos tres dias.

- dende logo como cambiou o Mundo desde que eras pequeño, nunha soa xeración, pasaches de usar ferramentas que usaban os romanos fai mais de dous mil anos, a usar no cotidiano instrumentos capazes de poñer a o home no estacio.

¿E como facíandes para dar sulfato?

-primeiro timañamos que darlle o xofre co folle, picaba nos ollos que nin Dios, era un polvo que tiñas que botar pola mañan cedo e así coller o orballo na folla, para que os polvos quedaran pegados. Logo preparabamos o sulfato no eido, botavamos as pedras do sulfato na barrica,  enchíamola de auga, botavamoslle cal viva e tiñamos que revolver de seguido para a dereita, por que dicían que sinon se cortaba. Aquilo empezaba a quentar que ata queimaba. Metíamos o sulfato nos cabazos, mandavamolo ás costas, e polos camiños e carreiros iamos po campo, tendo que facer varios viaxes e ca maquiniña do chif chif, esa que so botava sulfato cando xuntabas os puños facias o traballo. As de bola chegaron mais tarde, iso xa era unha gozada, esa botava sempre, ti so tiñas que bombear de vez en cando e o chafarís saía seguido, algunha desas maquinas de tanto que lle dabas, para acabar antes, chegaban a reventar o bombo. “mecajo no mundo, cajeime en todo de novo, iso si que era un traballón”. Botavas tres ou catro dias para dar sulfato, a misma viña que hoxe fixemos nunha hora.

-e logo decimos que imos a peor, despois desas maquinas de sulfatar de man, pasamos a estas de carretillo, e agora por non ter traballo, non temos nin viño.¿?.

-antes das de carretillo viñeron esas de palanca que colgabas nas costas, eran de cobre ou de cinc, despois viñeron esas misma pero con motor, que pesaban a ostia, pero nun día xa deixabas o chollo feito.

-e despois a de carretillo como a que levamos hoxe.

-sí, pero mentras non houbo chinpín tiñamola que levar cargada de auga, agora móntala no chimpin e casi sen baixar damos sulfato e vimos para a casa.

-¿de donde traiandes o sulfato, donde esta o club nautico? .
-non, ahí collíamos o sal, o sulfato o ibas buscar á sindical, que estaba no edificio que esta hoxe o banco Santander, que logo pasaron para a casiña que esta frente o edificio da área panorámica.
-e non o colliandes de contrabando.
-non, pasábanse moitas cousas, pero o sulfato era mais barato aquí.
-ti que viviches aquí toda a vida ó lado do rio, ¿non andiveches tamén no contrabando?.
-chegamos a pasar desmontados os camións do Rellas o das “jasiosas”, o motor por un lado, os eixos, as rodas, a carrocería por outro, daba un traballo de carallo, o millor contrabando era o de homes.
-¿Cómo?, había contrabando de homes,
-debeu ser polo ano sesenta, creo que Angola e Portugal estaban en guerra e muitos fuxían para Francia para non ir á guerra, por cada home que pasabas pagaban mil pesetas

- muitos cartos para o ano 60.

-tiñamos que darlle a cena. O Ligero da guardia era o cabecilla, gardabamos aos homes na do Chileno, alí onde están as mazanceiras o lado do campo das bouzas, nunha pequena bodega que aínda alí está, sobre as tres da mañan os sacabamos para a estrada  xeral, e logo os collía un coche que os levaba. Polo que escoitabas alguns chegaban nada mais sair de Galicia e xa os deixaban dicindolle que xa estaban na França.
Miserias que pasamos, que parecía que xa a tiñamos superado, e tal como se están poñendo as cousas que non hai traballo, vos que sodes novos, igual vos toca algo.

-non creo, si fumos quen de dar sulfato nunha hora, cando antes tardabandes tres dias, malo sera que non nos organicemos.

lunes, 8 de julio de 2013

Pazo San Jose


Pazo San Jose.

            Tiña Amelia, miña madriña, uns 16 anos cando comenzou a traballar no Pazo San José. Corria o ano 1956 cando o restauraron para a festa de posta de largo da señorita Cristina, que cumplía a sua maioría de idade; daquela pagaban 16 pesetas ó día e era un sueldazo, dentro da miseria que tiñamos. Empezara de aprendiz ós 12 anos na do Capón, Pedro Capón e Milagros da Lima, e ela foi quen a levou a traballar a Amelia ó Pazo.

            “Estiven casi un ano traballando no Pazo, viñeran tantos mobles deses que encaixan, camas que con cuñas se montaban, viñeran unha cantidade de mobles moi fermosos, viñan arcas novas que tiñamos que poñer vellas barnizándoas e facéndolle buratos coma si tiveran carcoma, aqueles mobles quedaban naqueles salóns que daba coviza ve-los.

            Invitáronme a quedar na festa da presentación en sociedade da señorita. Eu nunca vira aquelas mesas que tiñan casi de todo e uns vestidos preciosos, había tanta xente de postín que ata tamén viñera a muller de Franco, e moita xente dos señoritos de Tui ían ver polos valados, tan so recordo un invitado de Tui que era o medico Don Jose Jurado.

            Esa noite o meu pai non me deixou ir, (o Pepe do pato o sogro do Pancho), decía que por alí había moita xente e que podíame pasar algo malo. Pola noite non estiven, pero ó dia seguinte pola mañá, alí estaba botando unha man a recoller; podías mirar a algún aínda nas tumbonas que polas distintas partes do xardín estaban, tiven tamén que levar un cesto de flores á igrexa da Guia que ofreceron á Virxe.

Recordo que nos días previos á festa, acusáronme de coller uns bombóns que lle regalaran á señorita Cristina; quedei tan sorprendida que non entendía siquera o que eran os bombóns, eu nunca vira nin oíra falar de tal cousa, e debéronme mirar tal cara de ignorancia, que xa logo me dixeron, “non, ti non foches”, como naqueles meses había tanto trasego de xente, sabrá Deus quen foi. E tan inocente era, que despois de ser acusada, seguín por alí como si tal cousa.  “O dos bombóns é tan certo como aquí estou.”

Na finca había un cedro que trouxera o Bispo Lago de Terra Santa, nun viaxe que por alá estivera. O Venancio era o encargado, o apoderado da finca, un bo carpinteiro e ebanista; déronlle un dibuxo, e ca madeira do cedro fixo unhas cómodas, e eu, como estaba de axudante, ca madeira que lle sobrou fíxome unha silla de cedro da terra prometida que aínda teño na entrada da casa.”

jueves, 4 de julio de 2013

La Esperanza


La esperanza.

……. Y aun espero en el recuerdo de la mañana,
A que la esperanza no se vaya,
Todo aquello en lo que crees,
Que se cumpla a raja tabla.

Y transcurre el tiempo hasta el ocaso.

Y en el repaso del recuerdo que deja la jornada,
La esperanza sigue,
¡Ese día no fue posible¡?,
Alcanzar los objetivos que te marcas.

Mañana, otro día, otra vida.

¿Quién?,
¿Quién lo diría?,
Que al final del día,
La esperanza se convierte en vida.

Si te levantas sin esperanza,
¡Muera yo!,
En la fatiga de una jornada tan larga.

Si en la vida no sé tienen esperanzas.
La muerte nos acompaña,
En el día que nunca se acaba.