lunes, 8 de julio de 2013

Pazo San Jose


Pazo San Jose.

            Tiña Amelia, miña madriña, uns 16 anos cando comenzou a traballar no Pazo San José. Corria o ano 1956 cando o restauraron para a festa de posta de largo da señorita Cristina, que cumplía a sua maioría de idade; daquela pagaban 16 pesetas ó día e era un sueldazo, dentro da miseria que tiñamos. Empezara de aprendiz ós 12 anos na do Capón, Pedro Capón e Milagros da Lima, e ela foi quen a levou a traballar a Amelia ó Pazo.

            “Estiven casi un ano traballando no Pazo, viñeran tantos mobles deses que encaixan, camas que con cuñas se montaban, viñeran unha cantidade de mobles moi fermosos, viñan arcas novas que tiñamos que poñer vellas barnizándoas e facéndolle buratos coma si tiveran carcoma, aqueles mobles quedaban naqueles salóns que daba coviza ve-los.

            Invitáronme a quedar na festa da presentación en sociedade da señorita. Eu nunca vira aquelas mesas que tiñan casi de todo e uns vestidos preciosos, había tanta xente de postín que ata tamén viñera a muller de Franco, e moita xente dos señoritos de Tui ían ver polos valados, tan so recordo un invitado de Tui que era o medico Don Jose Jurado.

            Esa noite o meu pai non me deixou ir, (o Pepe do pato o sogro do Pancho), decía que por alí había moita xente e que podíame pasar algo malo. Pola noite non estiven, pero ó dia seguinte pola mañá, alí estaba botando unha man a recoller; podías mirar a algún aínda nas tumbonas que polas distintas partes do xardín estaban, tiven tamén que levar un cesto de flores á igrexa da Guia que ofreceron á Virxe.

Recordo que nos días previos á festa, acusáronme de coller uns bombóns que lle regalaran á señorita Cristina; quedei tan sorprendida que non entendía siquera o que eran os bombóns, eu nunca vira nin oíra falar de tal cousa, e debéronme mirar tal cara de ignorancia, que xa logo me dixeron, “non, ti non foches”, como naqueles meses había tanto trasego de xente, sabrá Deus quen foi. E tan inocente era, que despois de ser acusada, seguín por alí como si tal cousa.  “O dos bombóns é tan certo como aquí estou.”

Na finca había un cedro que trouxera o Bispo Lago de Terra Santa, nun viaxe que por alá estivera. O Venancio era o encargado, o apoderado da finca, un bo carpinteiro e ebanista; déronlle un dibuxo, e ca madeira do cedro fixo unhas cómodas, e eu, como estaba de axudante, ca madeira que lle sobrou fíxome unha silla de cedro da terra prometida que aínda teño na entrada da casa.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario