miércoles, 17 de julio de 2013

Festa do Miño.


Festa do Miño.

Río con augas vivas,
Nacido en fontefria,
Xunto cas augas do sil,
Entra en Tuiy,
E tornase manso e Divino..

Río de augas tranquilas e caladas,
Río de meixons e lampreas,
Río que rega riveiras,
Río de lunas e mareas,

Río que fala de festas,
Festas a veira do río,

Centos de remeiros,
Festa do río,
Descenso do minho.

Suben os gañadores ó podio,
Santos que esta festa Honra,
Xentes que co esforzo,
Consiguen a gloria.

Tuiy esta en festas,
Bullicio polas ruas,
Festas sin curas,
Tuiy esta en festas,
Adorando o Deus Minho,

Soan orquestas no clautro da catedral,
Catedrales sempre engalanadas de festa,
Romarias populares na Ribeira,
Comida pola corredeira,
Sons de gaitas culturais,
Bailemos que Tuiy esta en festa.

Xuntas as asociacións culturais,
Reparten sabrosas delicias,
De cultura enchen as mentes,
De chourizos as barrigas,

Góticos concertos enclaustrados,
Trompetas do barroco,
Falan con ¡creatiVIDAde!
Das xentes da cidade,

Aromas musicais,
Notas afrutadas,
Conferencias apasionadas,
Sabores sostidos,
Dulces corcheas,
No paraiso non falta,
Nin musica nin viño,

Todo orredor da festa do río,
Tuiy esta en festas,
Adoremos o pai Minho,

Todos estes eventos,
Moven a xente como si fora sangue,
Enchendo as ruas de Tuiy,
Dandolle vitalidade,

Tuiy esta en festas,
Mirando cara o Río.

No hay comentarios:

Publicar un comentario