sábado, 13 de julio de 2013

A Cova do Lobo

A Cova do Lobo,

Era hora do café, e como casi todo-los días os clientes do Bar Pancho antes de bota-la partida ó tute, saen á terraza a botar un pitillo e charlar un pouco. Na conversa alguén comentou unha Historia sobre a Cova do Lobo, que decia así:

Debía ser aló polo ano 1980, estabamos xuntos no atrio coma calquer Domingo pola tarde, debíamos ser uns dez rapaces que no falar contaban historias da Cova do Lobo. Dende a Igrexa fomos baixando polo río da Guia, pasando polo carreiro que vai por devaixo do cementerio, a tarde xa estaba casi pasando, cruzamos pola mina da Lombeira hacia o regato das mañiscas e subimos hacia onde estaba Can-Fran, os mais novos teríamos uns nove ou dez anos, os mais vellos terian catro ou cinco anos mais.

Eu nunca pasara da mina da Lomberira, que era onde me mandaban ir buscar auga cando estabamos no campo dos Castros, subín por aquel monte que se me facía tenebroso no medio das historias que iban contando alguns dos que alí estaban, falaban de lobos que comeran a homes, de homes que eran coma Lobos, pero aínda co medo facíache treme-lo Corpo, seguías ca ilusión dun meno na búsqueda de aventuras descoñecidas.

-“aquí, aquí esta a entrada da cova”.
un buraco que debía medir uns tres metros de diametro,

- “ten que haber outra entrada, según escoitei a un vello o outro dia na casa”.

No medio de todas aquelas silveiras atopamos unha entrada, só un de cada vez puido entrar do estreito que era, o chegar dentro, viña un tunel pola dereita e outro seguía pola esquerda, debía ter uns cinco ou seis metros de alto, apenas se miraba naquel burato no medio do monte e xa empezando a escurecer, de repente escoitouse o aullido dun lobo xusto enriba da cova.

-AUuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu,,.,
-AUuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu,,.

A idea de que o mundo xa se acababa apodereuse dalguns de nos, que empezamos a chorar coma o que éramos, uns nenos. Non sei o tempo que estivemos alí, pero eu o recordo como un deses tempos eternos, donde o animal de presa esta á espera de ser devorado por todos aqueles medos que o teñen aletargado. No medio dos aullidos e dos berros de auxilio, escoitouse unha voz dunha Muller que dende o alto procedía.

- “o lobo foise, e como non saiades axiña ha de voltar con toda-la familia”.

Saímos todos coma foguetes e fomos xunto á Muller que nos salvara a vida.

O do lobo era todo mentira, foi a vella que véndonos entrar na cova, oveou coma un lobo para meternos medo e que por alí non andiveramos, aínda que na cabeza me quedara que o lobo convertírase en Muller.

Alguen de Anta que polo Bar Pancho estava., despois de oír o conto Comentou:

-“Por alí estaba as Covas das Povanzas, donde esta agora o polígono industrial, que eran os ocalos ou pozos de rexistros, das augas que viñan das Mañiscas polo muiño do Frade. Entraban alí onde está a vía rápida xunto o polígono, atravesaban todo o monte para ir regar os campos onde hoxe está o Gadis. Eu estiven alí varias veces limpandoos, e a auga saía por onde está a ponte da autovía e por un canal pasaba ó outro lado para regar os campos, había que pasar con cuidado que polos túneles, pois criaba a raposa e cando tiña cachorros era perigosa , logo mais tarde o Esteban do Curiña puxo tuberias.”

O Rafael seguiu contando algunha aventura daquela época, coma cando o parou a garda civil camiño do muiño das Mañiscas co burro cargado de millo, que levaba a moer.

Estas e outras historias haberedes perder, se polo Bar Pancho non ides tomar café.

Bar Pancho.

No hay comentarios:

Publicar un comentario