martes, 26 de abril de 2022

Misterios e encantos

 


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:

 

Misterios e encantos.

Co espíritu do trasno, que é o que me esta dictando.


dende os inicios do pensamento cognitivo, a humanidade foi imaxinando as posibilidades de seguir adiante. E como parte consciente no presente, ca axuda da Historia ben Entendida, e sabendo que cada un conta súa “película”, imos soñando un futuro plausible.


Andan os da asociación do Muiñeiros do río Tripes cuidando nosas raices.

Todo pasado é unha experiencia que nos axuda no presente da nosa consciencia.


Abramos os ollos e soñemos.


No medio dun entorno, que revitaliza o espíritu do que somos.

Camiños de pedras que levan aos muiños.

Muiños que moen o gran do sentido,

sentido que crea as mais finas emocións do vivido.


A vida lévanos dun lado para outro, compartindo uns con outros.

E día a día, nos pequenos arranxos,

esta a grandeza das xentes que colaboran nos traballos.

A satisfacción do logrado despois do esforzo.

A ilusión de sentirse parte do entorno.

As emocións que crecen ao paso das augas polas levadas.


Grandes en todos os sentidos.


Potenciemos as relacións sociais, na conservación e adaptación ao medio,

para manter o entorno que temos.


tras os festexos polo solsticio de inverno.

Seguimos no camiño cara o noso destino.


-Pola senda pasei, e do entorno namorei.

Cantaba o paxariño que eu escoitei.


Augas que en abundancia entran cantando alegres nos rodicios.

Forzas que moven as moas do “xuicio”.


Murmullos das xentes ao pasar.

Somos parte do entorno natural.


Un soño compartido,

a alegría de sentirse vivo, formando parte dún colectivo.

traballando” entre veciños.

A “comadrilla” según algúns “listillos”.


Os burros fariñeiros e muiñeiros do Rio Tripes.

si, somos un “Grupo Político” por unha causa concreta:

a de conservar todo o Patrimonio Natural e etnográfico de todo o entorno do Rio tripes.


Un “Loby” de concienciación con pico e pala, para atraer o mais Grande numero de “adeptos” a política local,


¿que millor política?, que a de compartir os traballos do día día,

¿que millor nexo de unión cos veciños, que estar de vez encando limpando as “levadas” para que as augas pasen con garantía.?



laudato si”

política activa”

facer Política non so é aparecer o día da festa para ir en procesión e bailar co mais juapo, tamen é colaborar cas tareas da comunidade, do millor xeito que cada un sabe.

ainos que se moven como anguia na necesaria e farragosa burocracia, para que calquer idea pase todos os filtros para unha millor conservación do entorno.

Ainos que ca paleta, fan verdadeiras virguerías, arranxando e tapando os buratos por donde escapa o elemento básico para a vida.

Ainos que en memoria e oratoria privilexiada guiannos polas historias do que somos. E que logo nos transmiten facendonos sentir parte de cada pedra, de cada planta, de cada gota de auga.

Ainos que sempre teñen un bocadillo quente para todos os que estan presentes.

Ainos que cando toca arranxas as “levadas”, puxan polas pedras necesarias.

Sempre son benvidas todas as colaboracións,

que dun xeito ou outro aportan a “obra”.

sentirse integrado no medio é a mallor satisfación que temos


Colaborando nas “tareas” de mantemento do entorno que nos rodea,

É a millor forma de sentirse parte dún todo.

Como parte dun organismo vivo ao “o cuidado da casa común”.


Un saudo e gracias por todo.

E que a romería sexa unha boa ocasión para engancharse a vida.