martes, 9 de julio de 2019

Sancho, “la vida es bella”


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


Cos pes mollados e en silencio,
Buscando o momento,
Buscando a esencia do tempo.

Destellos de luz, entre as augas do regato.
E os dias que van pasando.

A os pes dun carballo recosteime, pechei os ollos, e deixeime ir cos sons que chegaban ao meu oído. Un pequeno murmullo das augas ao pasar por debaixo da ponte, a man dereita a uns cinco metros mais menos, e un pouco mais abaixo, o son dunha pequena fervenza, fai súa presenza.
Fun trás os paxariños que piaban no niño.
Fun trás o son, que marcaba meu sentido.

O mundo que se divide en dous,
entre o visible e o visible,
entre o real e o imaxinario.
E nada nos é estraño.

Somos todo un, cando o sentir é común.
Somos parte da natureza, que en armónica convivencia, pensa.
“pensa, logo existe”, existe, por que pensa.
E na suma esta nosa consciencia.

Unha consciencia dun todo,
que na transmisión da nosa ciencia,
garda meticulosamente toda a información que lle presta.
aínda que sexa un nada, noso presente.
Aínda que o futuro sexa diferente.

-Sancho, “la vida es bella”, para los que en su entorno se sienten parte de lo que somos, sabiendo comprender que nada nos es ajeno.
Pensamientos pensamientos pensamientos.
Esos estraños, para algunos, que en nosotros viven dentro.

Espazos dunha realidade, onde todos formamos parte.
Día a día nos estamos construíndo, formando como espíritus.

-“non somos un participio, si non un xerundio.”, dixo don Quíxote, E por iso nos temos que ir adaptando.