martes, 9 de julio de 2013

O Mundo do Chimpin



As historias que me contou Raimundo, nun día de sulfatar as viñas.

-imos a tarde a dar sulfato, dime meu sogro.
- pero non ias a dar o sulfato ós sabados.
-sí, pero para o sábado dan chuvia e temos que sulfatar antes de que se molle a folla.
-entón a que hora.
-as catro e media é boa hora.
-pois por aquí estarei.

            Fun comer, e de volta o Mundo xa tiña a carretilla sulfatadora enriba do chimpín. No primeiro intento de encendelo, fóiseme a corda hacia atrás e casi me fode unha man. No segundo encendeu, despois de tomar unha millor posición, puxei e pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Mentres o Mundo vai dar a volta a rotonda de Areas, eu cruzo polo paso de peóns, tendo que pasar tamen porriba da isleta, técnicos do carallo, ¿? como pasará por aquí unha silla de rodas, farán como o Pintos co carro do burro ¿?. Despois desas reflexións mentras esperas, o ruido do chinpín que se acerca, subo, e tiramos para o campo das Bouzas, pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Desenrosquei uns sete metros de manqueira e xa escoito;
Prrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr………. . O Mundo encendeu o motor para dar o producto que protexa á viña, do mildiu e doutras patoloxías varias. Metinlle a primeira velocidade ca palanca, e a paso de tartaruga na outra, deixeime ir co chimpin por aquela viña larga, detrás viña o Mundo esparcindo os elementos que han de acabar cas plagas ¿?, non tardamos mais de dez minutos, por fin paramos o sonido impertinente do motor da sulfatadora de carretillo, despois de recoller a mangueira tiramos cara ós Santiaguiños, o campo que esta a beira do Minho. O Mundo apreta o acelerador e pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Cando vou no remolque do chimpín, gústame ir de pe apoiado na parte mais alta, para poder ver as cousa dende outro punto de vista ¿?, sitios e situacións donde día a día estas paseando a un nivel distinto. Baixamos cara á estrada nacional mais corta do estado español, ¿para cando pasara a formar parte urbe?¿?. Saímos outra vez ao paso de peóns sin antes deixar de pasar pola casa de todo un campeón, e collemos dirección Tuiy, pasamos por diante da carpinteria do Nicasio, e alí donde está o bar Aturuxo do meu amigo Mariano, torcemos á dereita, e tudo po frente , si o camiño seguira recto chegaríamos a caer no río, pero xa vendo a ponte e as fortalezas de Valença na outra beira, o camiño torcese de novo para a dereita, por ahí xa é de terra, xusto despois da antigua depuradora de augas residuais de Tuiy na parroquia das Bornetas, que esta que da pena,¿? ¿ podese observar trozos do rio, e anacos da fortaleza no medio da maleza, chegamos ao campo que salvo a viña, o resto debe facer uns quince anos que non o traballa, o carballo que está no medio rodeado de silvas e fentos así o atestiguan. Xusto orredor da viña que esta prantada en forma de u por todo o campo. O Mundo xa cortara a herba, e o chimpín, en camara lenta, deu toda a volta. O Mundo iba sulfatando antídotos para a viña, en vinte minutos rematamos e partimos para a finca, este ano non damos sulfato na viña da estrada, por que a cortamos fai uns meses, despois de que o Mundo a prantara cando era ainda un neno, si daquela decia que co tempo a ía cortar, por tolo podíano tratar.¿?.

            Despois de limpos os aparellos de traballo, fomos tomar un viño fresquiño a bodega, xa quedaba pouco, o ano pasado foi mala colleita.

-foi rapido, nunha horiña chollo rematado.

-isto agora é unha maravilla, si fora como antas co; chif  chif, botavamos tres dias.

- dende logo como cambiou o Mundo desde que eras pequeño, nunha soa xeración, pasaches de usar ferramentas que usaban os romanos fai mais de dous mil anos, a usar no cotidiano instrumentos capazes de poñer a o home no estacio.

¿E como facíandes para dar sulfato?

-primeiro timañamos que darlle o xofre co folle, picaba nos ollos que nin Dios, era un polvo que tiñas que botar pola mañan cedo e así coller o orballo na folla, para que os polvos quedaran pegados. Logo preparabamos o sulfato no eido, botavamos as pedras do sulfato na barrica,  enchíamola de auga, botavamoslle cal viva e tiñamos que revolver de seguido para a dereita, por que dicían que sinon se cortaba. Aquilo empezaba a quentar que ata queimaba. Metíamos o sulfato nos cabazos, mandavamolo ás costas, e polos camiños e carreiros iamos po campo, tendo que facer varios viaxes e ca maquiniña do chif chif, esa que so botava sulfato cando xuntabas os puños facias o traballo. As de bola chegaron mais tarde, iso xa era unha gozada, esa botava sempre, ti so tiñas que bombear de vez en cando e o chafarís saía seguido, algunha desas maquinas de tanto que lle dabas, para acabar antes, chegaban a reventar o bombo. “mecajo no mundo, cajeime en todo de novo, iso si que era un traballón”. Botavas tres ou catro dias para dar sulfato, a misma viña que hoxe fixemos nunha hora.

-e logo decimos que imos a peor, despois desas maquinas de sulfatar de man, pasamos a estas de carretillo, e agora por non ter traballo, non temos nin viño.¿?.

-antes das de carretillo viñeron esas de palanca que colgabas nas costas, eran de cobre ou de cinc, despois viñeron esas misma pero con motor, que pesaban a ostia, pero nun día xa deixabas o chollo feito.

-e despois a de carretillo como a que levamos hoxe.

-sí, pero mentras non houbo chinpín tiñamola que levar cargada de auga, agora móntala no chimpin e casi sen baixar damos sulfato e vimos para a casa.

-¿de donde traiandes o sulfato, donde esta o club nautico? .
-non, ahí collíamos o sal, o sulfato o ibas buscar á sindical, que estaba no edificio que esta hoxe o banco Santander, que logo pasaron para a casiña que esta frente o edificio da área panorámica.
-e non o colliandes de contrabando.
-non, pasábanse moitas cousas, pero o sulfato era mais barato aquí.
-ti que viviches aquí toda a vida ó lado do rio, ¿non andiveches tamén no contrabando?.
-chegamos a pasar desmontados os camións do Rellas o das “jasiosas”, o motor por un lado, os eixos, as rodas, a carrocería por outro, daba un traballo de carallo, o millor contrabando era o de homes.
-¿Cómo?, había contrabando de homes,
-debeu ser polo ano sesenta, creo que Angola e Portugal estaban en guerra e muitos fuxían para Francia para non ir á guerra, por cada home que pasabas pagaban mil pesetas

- muitos cartos para o ano 60.

-tiñamos que darlle a cena. O Ligero da guardia era o cabecilla, gardabamos aos homes na do Chileno, alí onde están as mazanceiras o lado do campo das bouzas, nunha pequena bodega que aínda alí está, sobre as tres da mañan os sacabamos para a estrada  xeral, e logo os collía un coche que os levaba. Polo que escoitabas alguns chegaban nada mais sair de Galicia e xa os deixaban dicindolle que xa estaban na França.
Miserias que pasamos, que parecía que xa a tiñamos superado, e tal como se están poñendo as cousas que non hai traballo, vos que sodes novos, igual vos toca algo.

-non creo, si fumos quen de dar sulfato nunha hora, cando antes tardabandes tres dias, malo sera que non nos organicemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario