jueves, 15 de agosto de 2013

Foguetes de festas na víspera da Guía.

foto.- Xavier Rivadulla

y cuenta el de la triste figura, alla en Tuiy, su ciudad:



Foguetes de festas na víspera da Guía.

Os feitos aquí acontecidos foron  un sete de septembro do ano 1980.

            Estaba a punto de escomenzar a tirada, a misa do día con procesión incluida daba os últimos pasos. A tirada facíana por debaixo do cruceiro, o día era caluroso, meu irman mais outros amigos saíron correndo cara o camiño vello, eu saín tras deles coma un foguete. Os pelos poñíanseme de punta tan só en pensar coller un cartucho de pólvora na man, como nas peliculas de vaqueros. 

            No alto podías observar a algunha xente, ademais de todos aqueles fogos e foguetes de artificio preparados e que durante unha hora ían resoar no tímpano das xentes deste pobo. O millo alto nos campos ocultában-nos das impertinentes miradas dos que, de cotío, che acusan por non facer aquilo que eles consideran normativo. Un dos homes dos que alí estaban, o que lle faltaba o brazo esquerdo, díxonos que tivéramos coidado, que aquilo o cargaba o demo.

-“ti non os collas ca man, que eres pequeno”, decíame meu irmán que tiña catorce anos.
-si si, dixenlle, aínda que a miña intención era ter un deses.

“Sssssssiiiiii”… silbando subiu o primeiro, asustado como os cans cando sinten preto o treboeiro, escoitei a primeira detonación… “Bummmmmmmmm”.

Pareceume escoitar de fondo “cuidado cas canas” cando nin a dous palmos de min espetase unha canela. A misión estaba clara, coller o máximo de munición sin explotar. Coma vietnamita oculto trala maleza sendo bombardeado pola troica imperialista.

Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,

Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, 
Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,

Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,


Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, Bumm,

Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,
Bumm, Bumm, Bumm, Buuummmmmmmmmm,

Fogos de tres estralos e bomba, tiñas que estar atento, a simple ausencia dun sonido no medio de todo aquel bombardeo de desexos cumplidos, que unha cultura ancestral celebra para súa defensa.

-“¡¡unha bomba, unha bomba!!”, Gritei, o son bombardéante que voaba sobre min enmudeceu, e o tenue sonido da canela sentíuse coma un machete apañando no millo, o aroma da pólvora queimada inundaba a atmósfera, a respiración ralentizouse, o paladar resecouse, e a mirada posta naquel cartucho de pólvora. Como neno nun campo minado de tantos que existen neste mundo, a mente que o quere alcanzar… o Corpo paralizado.

-“Donde, donde”, entre empuxons decianme os outros.
-“ahí diante”, puiden decir aínda sen poder mover o Corpo.
-“donde, donde”, repetían sen poder lograr velo.
-“diante de min, ¿ou é que estas cego…?, dixen

Debemos de coller polo menos unha ducia de foguetes sin explotar, nada mais acabar a tirada, puxémonos no cruce entre o camiño da sombra boa, e o camiño vello ou do Carballo gordo, o caron do basureiro. Poñíamos un pouco de pólvora no muro, unha pedra sobre ela e con outra tirabámoslla  enriba, tiñas que pechar os ollos que che saltaban pedriñas a cara, alí estivemos un rato, logo fomos comer.

            Pola noite enriba do muro onde hoxe está o Bar Pancho, facíamos un carreiriño de pólvora e o final deixábamoslle un montonciño mais grandiño, e cun chisqueiro prendíamos o destellante lucerío que camiñaba de vagariño, o cheiro a pólvora entrábache polo nariz e no montón final ascendía a luz paro logo, durante uns intres,  percibir a oscuridade do entorno. Alguén dende o camiño, advertiunos que non xogáramos ca polvora. Saímos do muro e fomos cara o mirador da abuela Encarna o que está frente a casa do Cholas, detrás da iglesia, alí proseguimos co mesmo xogo, xogábamos ca pólvora, xogos que marcan a historia.

Estaba meu irmán extendendo o carreiro do demo sobre a pedra do mirador, eu a uns dous metros tras del, o cartucho da polvora debía estar pola mitade, as luces da festa de fondo facíame ver a sombra do acontecido, o cartucho de pólvora na man dereita, e na esquerda a chispa que a prendería, prendeu no principio do rego, e según iba combustionando, baixou a man dereita, para que o final da traca fose mais espectacular, a reacción química xa estaba escomenzada, e no camiño que a leva ata o final, non esperou a que sacara a man, “Buummmmmm”, o reflexo da sombra da man deireita parecia que lle faltaban dedos, un pitido nos oido meteute de cheo nun mundo de sentidos, gritos de dolor penetraban polos oidos; sombras, veíanse sombras que ivan e viñan, o pensamento parado e o Corpo correndo para todo-los lados. Asustado e sin saber moi ben o que acontecia, fuxin a esconderme sin saber onde me metía, meu irmán correu para a casa, as caras de pregunta polo que acontecera mirábanse por todos lados, escoitábanse gritos e llantos de dor, alguén sacou unha camisa e enrolouna sobre a parte do Corpo amputado, saiu o Pancho co catro-latas cara a vigo, que daquela tardaban moito as ambulancias, eran camiños de terra, tempos de esperanza. Este é un conto de nenos que xogan nunha vida corta, carreiros de pólvora que explotan.

Para meu irman,
ao que lle falta un dedo da man.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario