miércoles, 5 de junio de 2013

unha jran cornetada.


A cornetada, tradición moi arraigada nesta nosa terra, trala morte dun dos casados,
E si o viudo arrexuntabase outra vez, durante sete noites seguidas faciase soar o ronco son dos cornos, para que o espiritu do morto fuxira, e asi poder emprender unha nova vida, sin a inxustiza dos recordos que dictan que un pasado sempre foi millor.

A cornetada, tradición que foi cambiada, xa non son eses agradables sons (1), que nun largo tempo cubrian as xentes desta terra. Agora soan estridentes, chillidos impertinentes(2). Donde a morte en vida dos estafados, desahuciados, marxinados, maltratados, malpensados, buscan as almas en pena dos gobernos que non solucionan seus problemas.

E cando a desesperación apoderase destas almas en vida, fan soar os sons destemplados dos humanos, durante os días que lle restan ata o fin dos seus días, ou ata resarcir o prexuizo recibido polos propios humanos(3).
Os gobernantes teñen que escoitar o ronco son da xustiza, para que seu espíritu mude
Nunha nova vida.



(1) Os ideales.
(2) os caudales.
(3)Nunca o faran contra outra especie animal. neste caso culpan a Dios de non telos protexidos das garras do enemigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario