viernes, 7 de junio de 2013

noite de San Xoan


É a noite na que os mortos
Despertan dos seu soños eternos,
E os espiritus, vagan a traves das tinieblas,
O sol desaparece no horizonte,
Para non volver a reflexar seus raios
Nos rostros desvaidos dos humanos.


O Branco apagado cor dos esqueletos,
Reflexan en todos aqueles que os miran
Un frio intenso na sua ialma,
Unha imaxen insipida do seu propio ser.


Caera sobre todos nos un enemigo,
Pra xustificar nosa xa derota en vida,
Dún fraxil e eterno corazón.
Escoitaranse voces o lexos,
Nosos gritos de pracer,
A sangre correra a traves dos anos,
Tocando un dia seu fin.

1
Esqueletos branquecidos
Sombras da noite
Espiritus dos infernos
Noite estraña de San Xoan.
2
Estrelas que vides doutros mundos
Pensamentos inquietos dos vivos
Por algo que foi e sera
Noite estraña de San Xoan.
3
Sombras da noite
Portales que van levar
¿é unha festa ou algo mais?
Noite estraña de San Xoan.
4
Pensamentos inquietos dos vivos
Sentimentos calados dos espiritus
Por algo que vai pasar
Noite estraña de San Xoan.
5
Portales que van levar
Ladridos de cans inquietos
Esplandor da fogueira
Noite estraña de San Xoan.
6
Sentimentos calados dos espiritus
Somentes cinza no chan
E a xente que se vai
Noite estraña de San Xoan.
7
Ladridos de cans inquietos
Mortos e vivos,
A quen temeran?
Noite estraña de San Xoan.


Telmo Alfaya Pérez

foto. Javier Alvarez Rivadulla

No hay comentarios:

Publicar un comentario