martes, 11 de junio de 2013

percepcion dos sentidos


Cuenta aquella mesa, que vio y escucho tantas cocas, cuando sobre ella ya estaban apoyados los cafés y las copas. Soy tablero de mampara, me clavaron unas puntas, me pusieron unas patas, y aquí me dejaron bajo unas chapas metálicas, en un cubierto de un bar de pueblo, con un Templo en frente, en el atrio aparcaban sus clientes, aquellos clientes del Bar, y aquellos clientes del Clero. “clientes del Clero” eso escuche decir, en alguna de las grandes y largas conversaciones, de aquellas gentes de Pueblo.

El siguiente relato fue casual haberlo escuchado, perdido estaba aquel hombre que se sentó a mi lado, y algún recuerdo de la niñez traía que así decían:

Baixando polas Quiringostas, camiño de xabre con bastantes seixos, acompañado dalgun dos meus hirmans maiores. Camiño fondo, flanqueado por grandes eucaliptos, estes resonaban os días de aire, facendo que percibirás o espíritu do vento. O final do camiño, despois de duas curvas en forma de ese, aparece a ponte da vía do tren,

Vai o tren hacia Portugal,
Cando retorna,
O combolho vemolo pasar,
Camiño de ferro,
Que nos leva,
Dun a outro lugar.

En frente, o aroma do pan fresco da Saravia, recordos de esencias que te fan sonreír. Daquela, tiñanme dito que non pasara por debaixo da vía do tren, cando este transitaba por riva da ponte de ferro, que podía quedar cego. E eu realmente o creía, mente inocente en época de aprender. Sempre ó chegar ao caron da ponte, varias sensacions xurdian na cabeza, o de quedar cego, ¿Cómo seria un mundo de cegos?, ¿aquilo que imaxinou Saramago, quizas?.
Tamen a ponte reflexaba a fronteira mental de ser da aldea ou de Tui, conceptos imaxinarios de calquer territorio, xeneralizando usos e costumes entre os que viven dun e doutro lado da fronteira.
E nos momentos previos a supérala, agudizaban se os seis sentidos,

-Oídos atentos a captar calquer minimo movemento,
-Ollos buscando calquer ruido.
-A pel sensible, poñendo casi os pelos de punta, como si non quixeran deixar nada sin sentido
-Buscando os aromas doutro lado, para poder entrar mais confiado,
-Sabores e sinsabores que podo atopar no camiño, danlle voltas a cabeza, para que non che collan desprevenido.
-A imaxinacion percibindo seus posibles futuros, mais a la, do seu tempo inmediato, tras as fronteiras que creamos no camiño.

A imaxinacion formando parte da supervivencia da especie humana.
Un pequeno paso para o home, un gran paso para a humanidade,
Diluir fronteiras, deixar o tren pasar.

No mismo sitio, o mesmo rapaz, cos recordos de ver os anos pasar, xa non é un camiño fondo e polas Quiringostas en coche consigue rodar, non son os espíritus do vento, e o roce das ramas co aire o pasar.

Según sumas coñecementos, as creencias van se disipando, ainda que ese saber confirme algunha posibilidade de quedar cego, Sempre hai risco de quedar cego de calquer sentido, e a perdida da imaxinacion e un mal mui extendido.

Cegos de imaxinacion estamos, a non ser capaces xuntos de imaxinar un mundo millor, nin tan siquera no basico, e si fallan os soños, non teremos futuro, tan so un presente convulso, na percepción dos restantes sentidos.
Imaxinamos oír a o rival cando preparamos un debate, vemos na imaxinacion a ponte que pretendemos construir, palpamos e imaxinamos en momentos de penumbras, saboreamos con imaxinacion uns pementos de piquillo, ó recitar o asistente o menu que lle escribiron, os aromas na imaxinacion percibidos, fanme pedir un alvarinho.

¿Dónde esta o limite da imaxinacion?
¿Dónde imaxinamos os limites?
Si a cortamos de todo, asi non viviremos,
Cal é enton o limite por arriba, para non perdernos nun mundo de soños donde viviremos.

Si o tren perdía aceite, que non é probable pero si posible, e cuadrara cair unha gota no preciso momento, nas duas dianas negras que son nosas pupilas, o millor, hasta podías quedar cego, seria moita casualidade, ¿pero?
¿As casualidades existen?, ¿será a nosa vida un cúmulo de casualidades?.

¿Será casual que en malos tempos, haxa malos gobernos?
¿Será casual que si eleximos mal, mal seremos gobernados?
¿Será casual que si non facemos nada, nada avanceremos?
¿Será casual que o pobo escoite, e o alcalde cale?
¿Qué podemos facer para que cambien estas casualidades?

No hay comentarios:

Publicar un comentario