martes, 16 de abril de 2019

Cartilla de racionamiento


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:

Cartilla de racionamiento.

Conta o Pancho cando foi a unha manifestación polo ano 1944.

-“Daquela, nos tempos da fame , pola posguerra había “a requisa”; era que viñan polas aldeas e os que tiñan campos, aparte dos impostos, collíanlle cestos de millo según os campos que tiveran. Todo ese millo o almacenaban na do Emilio o Xirelo, cerca da ponte internacional, e logo o mandaban para outros lugares.

E como aquí había moita fame, moitos pobres no campo, entón fíxose unha manifestación ao almacén Xirelo, e alí levoume miña nai,. Era de mulleres e rapaces, eu tería uns cinco anos, e acórdome perfectamente; fóronse xuntando frente ó almacén do Xirelo e cantando e gritando montaron tal cristo, que a garda civil nin se movía; iso sí, non había ningún home nin de lonxe. Despois o alcalde, que era Rosendo Bugarín, deu orden de que levaran o millo para as panaderias todas de Tui, en dous días xa había pan para coller ca cartilla de racionamento”.

Para elas, entre elas miña abuela Encarna que alí marchaba. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario