martes, 9 de abril de 2019

Gárgolas


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


Gárgolas



Conta a lenda que eses misteriosos seres que coroan os templos dos saberes, foron esculpidos polo “mestre canteiro” no barrio de Martin no Rosal. E que tras unha noite de rituais ao redor da eira dos “Mouros”, e cas esencias das mais finas herbas concibiron os espiritus das gárgolas. Encargadas de evacuar todas as enchentas que caen sobre as nosas cabezas.

O día estaba cuberto con nubarros escuros, os lóstregos iluminaban todo o val do Minho, os tronos facían tremer cada músculo do sentido. Era o día señalado, o día que marcaban as profecias para a volta do “Mesías”. Estaba todo preparado, sobre a “ Pedra do Encontro” tiñan depositado todo o necesario para  facer o ritual. Ese ritual que os levaría a darlle un alma a aquelas figuras de “barro” que de antemán esculpiran.

Mitade  paxaros, mitade divas. Seres mitolóxicos que portan o espiritu dos seus creadores, deses seres fantásticos que ca imaxinación e o oficio aprendido, son capaces de crear con alma propia todas súas artes.



Eran cinco os elementos; a pedra, o espacio, o tempo, a imaxinación ea realidade.
Os cinco estaban entrelazados en forma de estrela, unha estrela de cinco puntas, que define toda nosa naturaleza. Esa naturaleza que pasa pola materia confinada nun espacio que ao largo do tempo fai que a imaxinación supere a realidade.

Detrás de cada elemento estaba cada un de nos. Os cinco que conformabamos o grupo dos elixidos. elixidos polas enerxías que rexen os sentidos. elixidos polo escritor para coller un fío entre a realidade ea ficción. Compartindo opinións.......

Continuaremos noutra ocasión...si me convenzo de que pode ser un bo guión.

Vos que ledes, tamén podedes aportar opinión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario