miércoles, 17 de abril de 2019

sito, un avance


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


"O primeiro instrumento musical que lle escoitei tocas a Sito foron as campanas da igrexia da Guia, bueno minto, antes o vira tocar as campanillas na hora da misa, onde ao seu son, as xentes se arrodillan.
Eu estaba ca miña nai sacándolle as herbas aos tomates no medio do alcouve, cando vin a Sito que baixaba da casa do cura,  pois o eido estaba de frente ao  atrio, donde hoxe esta o Bar Pancho.
-que fas, dígolle,  e levantou a cabeza por que non se daba conta que o estabamos mirando. E dixo.
-bou tocar por un defunto, veis.
Eu quedei vendo para miña nai, con cariña para que me deixara. Ela miroume ca dulzura dunha nai, e dixome. vaite, pero logo acabas de sacarlle as herbas aos pementos.
-vou, berreille a Sito, lavei un pouco as mans, que as tiña cheas de terra, naquela auga con que estaba regando os pementos, e xa baixei entre o muro que da ao atrio e o poste da luz que alí había. Eu aínda co corpo un pouco dolorido da caída do dia anterior.....

Alá imos os dous polas escaleiras arriba cara o campanario, non era a primeira vez que subira, pero si a primeira cando as estaban tocando. Subía eu diante, con ganas de chegar ao alto, por unha escaleira estreita que acaba nun remanso, donde púxose Sito a tocar, eu teño que saltar para o outro lado, os brazos apenas me chegan, teño que poñerme na punta do escalon, estirar os brazos, agacharme un pouco e dar un salto, agarrado polos codos, subo xiro e sentome, Sito de enfrente, con unha man en cada mazo das campanas. E comeza o réquiem. 

Dooommmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Diiimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Dooommmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Diiimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Dooommmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Diiimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Dooommmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Diiimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      

Alí enriba do campanario, donde se divisa media parroquia, o alto do coello, o monte Seixos Albos, o monte Aloia, o monte Faro e as fortalezas de Valença, e os sons das campanas meténdoseche na testa. ese son lento que recorre todo o valle, donde para dar a seguinte campanada, tiña que esvaecerse de todo o son da anterior. Ese son lento que durante media hora avisaba a todo o pobo dun defunto.

-quen morreu, gritan desde abaixo, escoitaron as campanas, e veñen a informarse.  E nos dende a riba tamen berrando – a tia isilda da familia dos janchos, e a xente transmite o pésame pola alma en descanso.



Eo son sigue,
Dooommmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Diiimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Dooommmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Diiimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Dooommmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Diiimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Dooommmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      
Diiimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm      



Ese lento son, que nos persigue.
Hasta que se quede en silencio o que cada un vive."

No hay comentarios:

Publicar un comentario