miércoles, 10 de julio de 2013

Monumento a os Emigrantes


Camiños que nos levan polo Mundo,
Mundos que atopamos polos camiños,
Emigrantes do destino,
Monumento a os peregrinos,
Terra que acolle a seres vivos.

Mares de luces e sombras,
Emigrantes,
Cada un ca sua historia.
Emigrantes da vida,
Cada un co seu día a día.

Habitantes deste mundo.
Maletas cheas de recordos.
Na loita polos soños.

Cousas importantes,
Camiño de emigrastes.
Posibilidade de vivir en calquer parte.

¿é importante a emigración?
¿para o que queda,
Ou para o que foi?

Camiños da ilusión.

foto: Jose Alfaya Perez,
escultura: Pelayo Alfaya Perez, (monumento a o emigrante Melon Ourense)
letra: Telmo Alfaya Perez.

martes, 9 de julio de 2013

La Humanidad


Esta especie animal que necesita siempre creer en algo,
El disfrute de la vida, exista o no un ser extraño.

Todo absolutamente todo es devoción, o religión.

Y lo divino huele el aroma afrutado de la vid,
Que entrándole por la nariz,
En el paladar tiene el matiz.

Hay religiones que alaban a Dioses,
Otras abrazan los deportes.

Hay religiones que en las bibliotecas tienen sus pasiones.
Otras en el aroma de las flores.

Nin con tigo ni sin ti,
Yo puedo vivir.

Y en lo imaginado,
Cada uno por su lado.
Y en lo divino,
Cada uno con lo vivido.

Si a unos les gusta el agua,
A otros el vino.
Todo lo servido por lo comido.

O Mundo do Chimpin



As historias que me contou Raimundo, nun día de sulfatar as viñas.

-imos a tarde a dar sulfato, dime meu sogro.
- pero non ias a dar o sulfato ós sabados.
-sí, pero para o sábado dan chuvia e temos que sulfatar antes de que se molle a folla.
-entón a que hora.
-as catro e media é boa hora.
-pois por aquí estarei.

            Fun comer, e de volta o Mundo xa tiña a carretilla sulfatadora enriba do chimpín. No primeiro intento de encendelo, fóiseme a corda hacia atrás e casi me fode unha man. No segundo encendeu, despois de tomar unha millor posición, puxei e pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Mentres o Mundo vai dar a volta a rotonda de Areas, eu cruzo polo paso de peóns, tendo que pasar tamen porriba da isleta, técnicos do carallo, ¿? como pasará por aquí unha silla de rodas, farán como o Pintos co carro do burro ¿?. Despois desas reflexións mentras esperas, o ruido do chinpín que se acerca, subo, e tiramos para o campo das Bouzas, pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Desenrosquei uns sete metros de manqueira e xa escoito;
Prrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr………. . O Mundo encendeu o motor para dar o producto que protexa á viña, do mildiu e doutras patoloxías varias. Metinlle a primeira velocidade ca palanca, e a paso de tartaruga na outra, deixeime ir co chimpin por aquela viña larga, detrás viña o Mundo esparcindo os elementos que han de acabar cas plagas ¿?, non tardamos mais de dez minutos, por fin paramos o sonido impertinente do motor da sulfatadora de carretillo, despois de recoller a mangueira tiramos cara ós Santiaguiños, o campo que esta a beira do Minho. O Mundo apreta o acelerador e pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom pom.

            Cando vou no remolque do chimpín, gústame ir de pe apoiado na parte mais alta, para poder ver as cousa dende outro punto de vista ¿?, sitios e situacións donde día a día estas paseando a un nivel distinto. Baixamos cara á estrada nacional mais corta do estado español, ¿para cando pasara a formar parte urbe?¿?. Saímos outra vez ao paso de peóns sin antes deixar de pasar pola casa de todo un campeón, e collemos dirección Tuiy, pasamos por diante da carpinteria do Nicasio, e alí donde está o bar Aturuxo do meu amigo Mariano, torcemos á dereita, e tudo po frente , si o camiño seguira recto chegaríamos a caer no río, pero xa vendo a ponte e as fortalezas de Valença na outra beira, o camiño torcese de novo para a dereita, por ahí xa é de terra, xusto despois da antigua depuradora de augas residuais de Tuiy na parroquia das Bornetas, que esta que da pena,¿? ¿ podese observar trozos do rio, e anacos da fortaleza no medio da maleza, chegamos ao campo que salvo a viña, o resto debe facer uns quince anos que non o traballa, o carballo que está no medio rodeado de silvas e fentos así o atestiguan. Xusto orredor da viña que esta prantada en forma de u por todo o campo. O Mundo xa cortara a herba, e o chimpín, en camara lenta, deu toda a volta. O Mundo iba sulfatando antídotos para a viña, en vinte minutos rematamos e partimos para a finca, este ano non damos sulfato na viña da estrada, por que a cortamos fai uns meses, despois de que o Mundo a prantara cando era ainda un neno, si daquela decia que co tempo a ía cortar, por tolo podíano tratar.¿?.

            Despois de limpos os aparellos de traballo, fomos tomar un viño fresquiño a bodega, xa quedaba pouco, o ano pasado foi mala colleita.

-foi rapido, nunha horiña chollo rematado.

-isto agora é unha maravilla, si fora como antas co; chif  chif, botavamos tres dias.

- dende logo como cambiou o Mundo desde que eras pequeño, nunha soa xeración, pasaches de usar ferramentas que usaban os romanos fai mais de dous mil anos, a usar no cotidiano instrumentos capazes de poñer a o home no estacio.

¿E como facíandes para dar sulfato?

-primeiro timañamos que darlle o xofre co folle, picaba nos ollos que nin Dios, era un polvo que tiñas que botar pola mañan cedo e así coller o orballo na folla, para que os polvos quedaran pegados. Logo preparabamos o sulfato no eido, botavamos as pedras do sulfato na barrica,  enchíamola de auga, botavamoslle cal viva e tiñamos que revolver de seguido para a dereita, por que dicían que sinon se cortaba. Aquilo empezaba a quentar que ata queimaba. Metíamos o sulfato nos cabazos, mandavamolo ás costas, e polos camiños e carreiros iamos po campo, tendo que facer varios viaxes e ca maquiniña do chif chif, esa que so botava sulfato cando xuntabas os puños facias o traballo. As de bola chegaron mais tarde, iso xa era unha gozada, esa botava sempre, ti so tiñas que bombear de vez en cando e o chafarís saía seguido, algunha desas maquinas de tanto que lle dabas, para acabar antes, chegaban a reventar o bombo. “mecajo no mundo, cajeime en todo de novo, iso si que era un traballón”. Botavas tres ou catro dias para dar sulfato, a misma viña que hoxe fixemos nunha hora.

-e logo decimos que imos a peor, despois desas maquinas de sulfatar de man, pasamos a estas de carretillo, e agora por non ter traballo, non temos nin viño.¿?.

-antes das de carretillo viñeron esas de palanca que colgabas nas costas, eran de cobre ou de cinc, despois viñeron esas misma pero con motor, que pesaban a ostia, pero nun día xa deixabas o chollo feito.

-e despois a de carretillo como a que levamos hoxe.

-sí, pero mentras non houbo chinpín tiñamola que levar cargada de auga, agora móntala no chimpin e casi sen baixar damos sulfato e vimos para a casa.

-¿de donde traiandes o sulfato, donde esta o club nautico? .
-non, ahí collíamos o sal, o sulfato o ibas buscar á sindical, que estaba no edificio que esta hoxe o banco Santander, que logo pasaron para a casiña que esta frente o edificio da área panorámica.
-e non o colliandes de contrabando.
-non, pasábanse moitas cousas, pero o sulfato era mais barato aquí.
-ti que viviches aquí toda a vida ó lado do rio, ¿non andiveches tamén no contrabando?.
-chegamos a pasar desmontados os camións do Rellas o das “jasiosas”, o motor por un lado, os eixos, as rodas, a carrocería por outro, daba un traballo de carallo, o millor contrabando era o de homes.
-¿Cómo?, había contrabando de homes,
-debeu ser polo ano sesenta, creo que Angola e Portugal estaban en guerra e muitos fuxían para Francia para non ir á guerra, por cada home que pasabas pagaban mil pesetas

- muitos cartos para o ano 60.

-tiñamos que darlle a cena. O Ligero da guardia era o cabecilla, gardabamos aos homes na do Chileno, alí onde están as mazanceiras o lado do campo das bouzas, nunha pequena bodega que aínda alí está, sobre as tres da mañan os sacabamos para a estrada  xeral, e logo os collía un coche que os levaba. Polo que escoitabas alguns chegaban nada mais sair de Galicia e xa os deixaban dicindolle que xa estaban na França.
Miserias que pasamos, que parecía que xa a tiñamos superado, e tal como se están poñendo as cousas que non hai traballo, vos que sodes novos, igual vos toca algo.

-non creo, si fumos quen de dar sulfato nunha hora, cando antes tardabandes tres dias, malo sera que non nos organicemos.

lunes, 8 de julio de 2013

Pazo San Jose


Pazo San Jose.

            Tiña Amelia, miña madriña, uns 16 anos cando comenzou a traballar no Pazo San José. Corria o ano 1956 cando o restauraron para a festa de posta de largo da señorita Cristina, que cumplía a sua maioría de idade; daquela pagaban 16 pesetas ó día e era un sueldazo, dentro da miseria que tiñamos. Empezara de aprendiz ós 12 anos na do Capón, Pedro Capón e Milagros da Lima, e ela foi quen a levou a traballar a Amelia ó Pazo.

            “Estiven casi un ano traballando no Pazo, viñeran tantos mobles deses que encaixan, camas que con cuñas se montaban, viñeran unha cantidade de mobles moi fermosos, viñan arcas novas que tiñamos que poñer vellas barnizándoas e facéndolle buratos coma si tiveran carcoma, aqueles mobles quedaban naqueles salóns que daba coviza ve-los.

            Invitáronme a quedar na festa da presentación en sociedade da señorita. Eu nunca vira aquelas mesas que tiñan casi de todo e uns vestidos preciosos, había tanta xente de postín que ata tamén viñera a muller de Franco, e moita xente dos señoritos de Tui ían ver polos valados, tan so recordo un invitado de Tui que era o medico Don Jose Jurado.

            Esa noite o meu pai non me deixou ir, (o Pepe do pato o sogro do Pancho), decía que por alí había moita xente e que podíame pasar algo malo. Pola noite non estiven, pero ó dia seguinte pola mañá, alí estaba botando unha man a recoller; podías mirar a algún aínda nas tumbonas que polas distintas partes do xardín estaban, tiven tamén que levar un cesto de flores á igrexa da Guia que ofreceron á Virxe.

Recordo que nos días previos á festa, acusáronme de coller uns bombóns que lle regalaran á señorita Cristina; quedei tan sorprendida que non entendía siquera o que eran os bombóns, eu nunca vira nin oíra falar de tal cousa, e debéronme mirar tal cara de ignorancia, que xa logo me dixeron, “non, ti non foches”, como naqueles meses había tanto trasego de xente, sabrá Deus quen foi. E tan inocente era, que despois de ser acusada, seguín por alí como si tal cousa.  “O dos bombóns é tan certo como aquí estou.”

Na finca había un cedro que trouxera o Bispo Lago de Terra Santa, nun viaxe que por alá estivera. O Venancio era o encargado, o apoderado da finca, un bo carpinteiro e ebanista; déronlle un dibuxo, e ca madeira do cedro fixo unhas cómodas, e eu, como estaba de axudante, ca madeira que lle sobrou fíxome unha silla de cedro da terra prometida que aínda teño na entrada da casa.”

jueves, 4 de julio de 2013

La Esperanza


La esperanza.

……. Y aun espero en el recuerdo de la mañana,
A que la esperanza no se vaya,
Todo aquello en lo que crees,
Que se cumpla a raja tabla.

Y transcurre el tiempo hasta el ocaso.

Y en el repaso del recuerdo que deja la jornada,
La esperanza sigue,
¡Ese día no fue posible¡?,
Alcanzar los objetivos que te marcas.

Mañana, otro día, otra vida.

¿Quién?,
¿Quién lo diría?,
Que al final del día,
La esperanza se convierte en vida.

Si te levantas sin esperanza,
¡Muera yo!,
En la fatiga de una jornada tan larga.

Si en la vida no sé tienen esperanzas.
La muerte nos acompaña,
En el día que nunca se acaba.

sábado, 29 de junio de 2013

Porca Miseria

                                  PORCA MISERIA

Loitando sempre por todo aquilo que nos interesa.
Porca miseria,

morren como ratas,
movendose através das alcantarillas,
animais asustados,
escapando dos peligros,
depredadores da misma especie,
intentan extermínalos,
usando calquer tipo de sistema,
son humanos atacando a outros humanos,
porca miseria.

Que facer nos aquí,
tamen temos nosos pequenos problemas,
que si as festas son grandes ou pequenas,
que si non arranxan isto, “é unha pena”,
porca miseria.

Te desahucian polas tuas penas,
e en plena rua te quedas,
Problemas son os presupostos,
e as ilusións dos que governan,
problemas son as necesidades,
que non temos cubertas.
Porca miseria,
sempre tendo que solucionar nosos problemas.

¿Cales son eses problemas?
A cada un, os que lle molesten,
a uns a caza maior (elefantes),
a outros a caza de ratas (siria),
a uns o baile folclórico,
a outros a tormenta,
alguns sufren pola fame,
outros pola guerra,
outros nos queixamos que non vacían a papelera,
porca miseria,
sempre tendo que solucionar cada un seus problemas.

Os nenos non teñen ordenador na escuela,
bombardearon toda a aldea,
as augas se contaminan,
parte dos presupostos,
teñen que ir para festas,
“son os turistas quen nos alimentan,”
porca miseria.

Que meus fillos ballan a unha boa escola,
Que aprendan unha vida boa,
Donde co tempo non choren suas penas.

Como parte da misma especie,
Todos os problemas nos afectan,
Cando lastimas un dedo do pe,
Todo o corpo sufre e se entera,
E todo el o recupera,
Porque si todo isto non ocurrira,
A morte nos espera,
Porca miseria,
“si no te estas quieto, te encierro en el coche como antes,”
unha mai educando o seu fillo, escoitase de fondo.
¿con isto que nos espera?,
porca miseria.

¿Cales son nosos problemas?
A chuvia que non cae,
O sol que non chega,
O vento que sopla,
A brisa que non refresca,
Porca miseria.

¿Cal é a organización?
Que polo noso ben nos espera.
Salvaguardar o individuo,
Que el nos sustenta,
Porca miseria.

Uns loitan polo mar,
Outros pola terra,
Uns loitan polo amor,
Outros por alguen que os queira.
Loitamos por todo aquilo que temos na cabeza,
Nosos fillos,
nosas casas,
noso pobo,
nosas vidas,
¿e loitamos con sentido?,
¿Ou loitamos según nos chega?,
¿Temos claro noso destino?,
¿Temos claro cal é a meta?,
Porca miseria.

Loitemos pola humanidade enteira,
Os medicos nos hospitais,
Os labregos na terra,
Loitemos polas igualdades,
Acabemos ca miseria,
Cubramos as minimas necesidades,
Que a nós, nos afectan,
Vida esta de eternos dilemas,
Horrores que non merman,
Porca miseria.
¿Cómo solucionar todo aquilo que nos interesa?

miércoles, 26 de junio de 2013

Cultura, Teatro, Patrimonio


Cultura, teatro, patrimonio,
Tuiy, cidade de arte dramatico.

Aun en ruinas y con la apariencia de que algún día tuvo tejado, prosigue su función aun sin escenario, el antiguo teatro.

En el primer acto, con elocuente gallardía parece el alcalde, sobre el pueblo que esta en ruinas.
A su lado, como en todo acto oficial, aparece la curia, tras ellos están algunas gentes del pueblo, los bufones que tiene cual quier gobierno. El público, que no esta ni se le espera, contempla el acto primero desde lo alto, cuando en este mundo los bancos regalaban dinero. Eran tiempos de oro para el ladrillo, todo el mundo se iba a dedicar al fornicio, para llenar tanto edificio.
El alcalde subiéndose al estrado toma la palabra.
-me es muy grato estar hoy aquí y Bla Bla Bla Bla Bla Bla Bla Bla Bla Bla Bla Bla Bla……………continuara.

San Xoan.



La relación con el mundo,
La interactuación del espíritu con el inframundo.
Un monte de fiuscas danzando ao son dos tempos,
Fogueiras con mistura de sentimentos,
As lapas queiman a consistencia da materia,
Deixando ir a enerxia que conteñan.
Asi son as fogueiras na noite das meigas.
Enerxia limpa no Olimpo das bestas.
“por San Xoan a sardiña pinga no pan”
Cultura na degustación de calquer pensamento que preste no momento.


Chegada a tarde dun Domingo claro de vran.
Preludio da noite mais corta do ano.
Dispostos a queimar parte do pasado,
E no ritual da fogueira,
Quedar Purificando.

Mística noite de San Xoan,
Lume ardende,
sardiña quente,
Resplandor impaciente,
A ritmo de merengue.

Fogueira ao son de rancheras,
Candelas da Costa Blanca Orquesta,
Tradicións que mudan,
A golpe de comisións de festas,

Festexeira noite de San Xoan.
Sentido profundo renegado,
Na imaxinación do pasado.

Miradas pérdidas,
En cantantes populares,
Pasodobles,
arte para que a xente baile.

Noite de San Xoan.
Razonable ou real,
Baile ancestral,
Festexo popular.

Pagano ritual,
Noite se San Xoan.

Cristales Rotos.



Resuenan Clarinetes.

Música, instrumentos.
Bandas, conciertos.
Escuelas, maestros.
Conservatorios, pretextos.

Resuenan los sonidos en los templos,
Claustros, catedrales,
Iglesias, cubiertos,

Sicología del estudio,
Distancias universales,
Enseñanzas por caudales,
Tristes universidades.

Sonidos graves del clarinete,
Del Santo que esta presente.
Sonidos agudos
Del que al fondo esta mudo.
Silencios impertinentes,
De las gentes ausentes.

Impunes notas al viento.

Sonidos que nos elevan hasta la puerta de lo organizado,
Sonidos callados.

Armonías de un cuerpo sagrado.
Pensamientos de lo deseado,
Amar para ser amado,
Reino de los esclavos.

Ternura del tiempo instaurado,
Estaciones que van pasando,
Primavera,
Que asoma cada año.

Brotan las flores,
Cantan los ruiseñores,
Sopla el viento,
Y un nuevo sueño.

Miel, que en laborioso trabajo,
Bajo el sol del amanecer hasta el ocaso,
La abeja pone su entusiasmo,
Y en el descanso de lo imaginado,
Saboreas la miel en los labios.

Suenan los clarinetes en el templo,
Sonidos que te llevan ha dentro,
Hasta el más profundo de tus sueños.

Olores del campo,
Sabores frescos de los años,
Ilusiones de cosechar buen grano.

Reflejo sutil del espejo,
Mirada pérdida de lo hecho,
Movimientos que conservan lo bello,
Hermoso sueño del silencio.

Suspira la primavera,
Acaricia el aire su cuerpo,
Las hojas van a su encuentro,

Tesoro oculto,
Bajo el arco de colores,
Que inspira mis sueños.

Suenan palabras,
Se las lleva el viento,

Se repiten,
En esos viejos pueblos,
Donde el hacer suscita suspicacias,
Hasta de las gentes que callan.

Mirada preocupada,
Al ver vacías las butacas.
Crédito de lo hecho,
Absurdo juicio de lo estrecho.
Éxito del que fracasa,
En el intento que otros no alcanzan.

Se callan los clarinetes,
Se callan las gentes,
Viven su sueño.

martes, 25 de junio de 2013

Estudiantes da Xirila

Estudiantes da Xirila.

Camiños polos que nos leva a vida.
Enseñanzas que nos marcan,
a supervivencia como experiencia,

A Esther da Xirila miña primeira maestra. A clase estaba xunto á cruz, un pouco mais abaixo do cruce dos catro camiños do Lopo. Despois de botarlle de comer o gando, dende a do Pancho para chegar alí, tiñamos que pasar polo Pozo Lameiro, (camiño que ven dende a Costa do Venancio ata o Atrio da Guía), paso de augas con terras blandas que casi todo o ano estaba cheo de lama. Aínda que ese tramo non era o máis difícil da travesía que tiñamos que percorrer ata chegar á escola. Para sortealo subíamos polo muro de pedra que quedaba a esquerda, cun desnivel de tres metros co campo dabaixo e dun metro con respecto ó camiño, podias caír ó abismo ou de fuciños enriba da lama revolta con merda cando era tempo de labradio.

Despois de sortear as barreiras da naturaza, o medo chegaba na curva do Merda Seca, aquel balcón frente á taberna do Valdo, onde os cans sacaban a cabeza entre as rexas e ladraban coma se nos fosen comer. Corríamos ata chegar á do Amado, alí, a salvo do primeiro perigo, tomábamos alento no pequeno traxecto que nos levaba ata a do Manolo do Pato, entón xa tiñamos que estar atentos, ó imponente caserío Imdiano, (casa abandonada na finca do curiña), e aquelas historias que nos contaban de que alí habitaba unha Pantasma, que collía a todo neno que solo por ali pasara, e nós todos xuntiños non fora ser que se enganara. As veces mirabas, reflexada nos cristais das rotas ventanas, a silueta dunha muller que en silencio nos observaba.

Enfrente estaba a entrada do Julio Primavera, que xa non sei se lle tiñamos mais medo ós cans que a él, pero como a casa estaba aló ó fondo do carreiro, dende que nos detectaban dábanos tempo fuxir, que ese era outro sufrimento, por que xusto detrás do muro tiñamos que enfilar correndo unha subida chea de seixos, cos cans do Tola pola banda esquerda e os do chuvias pola dereita no alto como cans guardians das tinieblas, estes eran mais perigosos, pois eran cans de raza Loba e sin muros nin vallas cos deteñan. A primeira parte na coroacion da costiña, facíase procurando facer o menor ruido posible, observando por onde podía vir o inimigo, si lograbas alcanzar o mais alto sin ser detectado, que so iso acontece de pascuas en flores, invadíache toda unha sensación de alivio. Pero a maioría das veces tiñas que por os tacóns no cú, como se fose tras tua a morte, cans que os fixo o demo para o medo dos nenos.

Os do Tola deixaron a portiña aberta, aqueles catro ou cinco cans, ladradores pero poucos mordedores, mantíñanos acorralados contra o muro, e todos cagadiños de medo, que unha cousa era o refran e outra o que nos temeramos, largo facíasenos o tempo que tardaba aquela vella miuda, en sacar os cans do férreo marcaxe que nos tiñan, e como cada dia que nos collían, a vella decia sempre as mesmas palabras,

-“non teñades medo que non fan nada”.
e nos polo Baixo diciamoslle,
-“pois metaos con vostede na cama que a nos, maldita a gracia nos fai o carallo dos cans que nos ladran.”

Tamen é verdade que preferíamos a eses pequenos charlatáns, porque unha vez que a Muller chegaba, defendíanos dos cans que polo alto xa acechaban, xustiza dos que polos pelos se salva.

Fose por uns ou por outros motivos, chegar tarde alí onde iamos a aprender, faise demasiado repetitivo, e coma sempre que chegas tarde, seguro hai castigo.

Metíanos naquel cuarto que tiña a o fondo no lado esquerdo, a mestra dende a mesa o tiña a dereita, como si fose ela goberno, e nos oposición. Todo aquel cuarto de castigo estaba feito de tablas estreitas, palabras vacías e resonantes dos que no outro lado aprendian, as motas de polvo que se observaban naquel raio se sol que polo ventanuco do alto procedia, dabame para entreterme todo o tempo que de castigo tiña.

Xa no pupitre, ca pizara e pizarrillo trazaba miñas primeiras palabras escritas, garabatos cargados de imaxinación, ilusións de nenos, principios dos nosos pensamentos, a comunicación cos millores medios.

Antes de saír, a mestra collía aquel moneco de follalata, e dándolle corda preguntaba.

-“dentro ou fora”

Uns decían “dentro”, e outros decíamos “fora”,
e que a lingua quede fora, que dentro se afoga,

e este foi o relato dun día na escola da Xirila a profesora.

viernes, 21 de junio de 2013

Esperadla despiertos


“El sonido de sus voces queda cubierto por las risas ajenas” La Foule.

Canto por no llorar,
Río por no cantar,
Que profundo mi pesar.

“Dejaros llevar por el gentío que tira de vosotros y vos empuja,”

¿Donde sacar la furia del gentío que nos lleve a la igualdad en lo básico?,
¿Como despertar eses pensamientos de unidad?.
¿Como podemos definir la miseria?
Para luego depositar la creencia de que se puede erradicar.

“El día que llegue a vuestras casas la miseria, os ha de preguntar; ¿Cuál es lo mínimo que precisáis antes de que os vallais a suicidar?.
En verdad os digo, que aquello que penséis hoy, mañana será cumplido.
Y vuestra miseria será la más mísera de ser humano que este vivo”.
Repartid a cada una de las gentes lo que preciséis, antes de que llegue la miseria a vuestras casas”. (N.E. 26-3,2).

“esperadla despiertos”.