jueves, 6 de mayo de 2021

Non me gusta non.

 


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:

 

Non me gusta non.

Que rompan o silencio do Pai Minho.


Non me gusta que veñan romper o silencio das tranquilas augas do Minho.

E todo por “divertimento”.

Non me gusta a “velocidade”, con que deterioramos o medio.


Silencio do Minho.

Un minuto de silencio polos animaliños.


Deberíamos como sociedade, non só deixar de patrocinalo,

sinon de prohibilo.

De prohibir todo desenfreno, camuflado como “deporte” punteiro.

Vergoña dos gobernos.


¿o evento non esta na Rede Natura?

¿e ésta, permite estas locuras?


Non me gusta, non.

Por muito “elenco”, que teña a atracción de circo.

Non me gusta, non.

Poñen en “Estrés” o entorno donde vivo.


Imaxinadevos por un momento,

que se rompe o silencio.


¿Imaxidades a eses “animais” do rio,

sin escapatoria para fuxir. o que van sufrir?



E pondo o grito no ceo,

Suplicando por un infernal treboento.

Cragado de furacanados ventos.

E se suspenda o evento.


E sobre nós caindo lostregos,

aturuxos desesperados dos monstruos.

Que compiten por destruir o entorno.


Non me gusta non,

unha humanidade incapaz de correxilo.


pra qué?

¿Pra qué a adrenalina os faga sentir mais vivos?

¿para pasar un momento divertido?


Un saudo.

E perdón, si algun se sentiu ofendido.

Eu perdoareille polo ruido, cando sean capaces de sentirse parte das augas que profanan sin sentido.


Non me gusta non.

Que rompan o silencio do Pai Minho.




No hay comentarios:

Publicar un comentario