y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:
Peregrinos na feira de
Melóns e Cabazas da Eurocidade Tui-Valença
Tras as causalidades
que a vida nos vai pondo diante. Como os elementos
precisos para crear vida, os que xuntos ao redor do PanchoCultural
van conformando as sinerxias no medio dunha atmósfera favorable,
para desembocar nun torrente de creación nunca xamais visto.
a idea da Feira de
Melóns e Cabazas da Eurocidade Tui-Valença xurdiu nas
circunstancias que a vida vainos pondo diante. Corria o mes de
setembro do 2019 e estaba meu irman o canteiro arranxando a igrexia
de Vila de Suso, en santa maría de Oia, nun lugar de encanto, como
muitos que polo baixo Miño estan espallados. Ese día funlle votar
unha man, e como o chollo non era moito, só colocou sobre a pila
bautismal un dintel para soportar a san xoan bautista sobre as augar
bautizando a ao espiritu santo. A media mañan xa remataramos, e como
tiñamos que pòla tarde estar co cura, para pasarlle a factura.
Fomos a dar unha volta hasta o “chiringito” do noso amigo e
artista Xavier Garrido.

Alí falamos, alí
comemos, alí bebemos, alí reimos, alí compartimos bos momentos. E
nunha desas, no medio de todos eses artiluxios de arte que ten no
chiringuito para venderlle a os turistas e veciños, vin unhas
cabaciñas secas, como as que popularizaron a marca dos peregrinos,
que poñian a cinco euros. O chiringuito, esta na Pedra Rubia, no
concello de Oia por onde promocionan unha ruta mais para ir camiñando
hasta Compostela, o camiño portugues pola costa, rutas comerciales
de la nueva era, digan lo que digan los fieles a cualquier idea.
-a cinco euros? -
pregunteille -
-si - dixome Xavier
Garrido -
-e a canto che salen? -
pregunteille -
- a dous euros e medio
cada unha - contestoume-
-e vendes algunha? -
seguinlle preguntando -
-si xa levo tres caixas
- seguiume contestando -
-carallo! - exclamei -
pois si por este “novo camiño a compostela” que pasan ainda
poucos peregrinos, vendeches tres caixas. Que non venderán? Todos
eses chiringos que estan estratéxicamente situados no “ caudaloso
vello camiño portugues” que pasa por Tuiy. - seguin decindolle -
imos ter que provar a plantalas e secalas, logo pasar por todo
chiringuito a comercializalas.
E seguimos falando dos
peregrinos que pasaban no camiño, seguimos falando do noso
peregrinar para ir tirando, e falavamos da sociedade, ea millor forma
de organizarse. O canteiro despredicaba contra toda oligarquía
establecida, e nada lle valia. Xavier mais poético, apostaba por un
cambio mais espiritual, e eu co pragmatismo que me caracteriza,
buscaba o encaixe evolutivo da Sociedade en defensa do individuo. Que
con un simple reparto do básico, asegurabase que ninguen pasara
fame.
Xa chegavan os
primeiros peregrinos, e Xavier Garrido foi atendelos, pois a mais do
chiringuito, ao caron ten un albergue que el atende.
Eu e meu irman Pelayo,
fomos hasta igrexia de Vila de Suso. Que o cura xa mandara unha
mensaxe de que estaba de camiño. Mentres o mestre canteiro arreglaba
contas co “mestre espiritual”, eu contemplaba dende o alto do
campanario a caida do sol sobre o Atlántico. A luz do día tornabase
vermella cubrindo todo o entorno que me rodea. O sol xa estaba nese
punto, donde os ultimos raios de luz quedan ocultos. Cando meu irman
Pelayo chamou por min, que xa remataran e que marchavamos para a
casa.
e xa de volta polo bar
Pancho, topeime a Carlos Picho e paramos tomar algo.
Alí falamos, alí
bebemos, alí cenamos, alí reimos, alí compartimos bos momentos.
Outro deses lugares con encanto, donde as conversas vannos axudando.
O Picho é un amigo, un
compañeiro de viaxe nesta aventura de estar vivos. Un deses xenios
que de vez en cando ten a natureza a xentileza de deixarnolo, Ainda
que a veces ten días que se lle cruzan de mais as ideas e é malo de
aturar para quen non ten paciencia. e ainda así con paciencia, ai
que deixalo para que el só domine a besta, ese xavali que no seu
interior parece reconfortalo. Bo rapaz, que é o que importa.
A min na cabeza
rondabame as cabazas a cinco euros que vira no chiringuito de Xavier
Garrido, e conteille ao picho todo o acontecido.
-ti que sempre che
gustou o traballo do campo, - dixenlle – temos que plantar e secar
cabaciñas, para venderllas a todo peregrino que pase por Tuiy. Que
pode axudarnos na nosa paupérrima economía.
O Picho xa se
emocionou, e empezou a recrear un futuro ao redor das cabaciñas.
Como neno cando descubre un movo mundo, foi descrivindo con detalle
todo, Que si a forma de plantalas, que si a forma de secalas, que si
a forma de abonalas, que si a forma de presentalas e un sinfin de
formas e ideas mais, que parecian factibles si detrás esta a
constancia.
Ao redor do Bar Pancho
donde xa levamos un tempo xeitoso intentando reactivalo, facendo
concertos alternativos ca estimable axuda dos meus sobriños e alguns
veciños, Creando o cine clube Maruja, facendo exposicións de
artistas locais, que hai un feixe deles. facendo un mapa cos
elementos mais salientables de varias parroquias e hasta xa estan en
marcha os proxectos do museo do rural galedo, e do museo da
prehistoria,M.Ledo. Tendo xa unha maqueta da cuenca do Minho cos
petroglifos mais representativos de cada concello.
E no medio de todo
iso, de todo ese movemento, de todas esas xentes, que eu o englobo
nun so elemento “Pancho Cultural”, o redor desa idea xurde toda a
cración que nos leva. E así foi:
por esa altura do
tempo, e a punto de retirar a exposición dos canteiros Arxinas,
rondavame na cabeza que expor, pois ainda que tiña varias
proposicións en mente, quedei a mirar para o Picho e dixenlle:
- ti este ano
plantaches calabazas?
- plantei, e un feixe
delas, que si chas traio todas para aquí encheche o bar.
- iso mismo era o que
eu estaba pensando. e si facemos unha exposición? - Pregunteille -
quedou mirando para min
e dixome,
- antes de “santos”,
que así ainda vendo algunha para o Samain.
E así foi, os dias
eran contados e xa ao dia seguinte empezou a traer todos eses melons
e cabazas que tiña prantados. En poucos días, no bar Pancho xa casi
non se collia, con toda a colleita reunida. E así rezaba a
propaganda:
“as mais
maravillosas, as mais máxicas,
e as mais
practicas cabazas do Reino.
Na Primeira
Feira de melóns e cabazas da eurocidade Tuiy Valença.
Na do
Pancho,
Vinte e un
dia antes da noite das bruxas,
na noite de
defuntos, vispera de santos.
Inauguración
o sábado 12 de Octubre, e peche o 1 de Novembro.
Festas
relacionadas ca colleita, dando gracias
a todos
nosos antepasados pola axuda que prestan.
Cabazas de
todo tipo,
cabazas de
peregrinos,
cabazas
para manter a auga fresca.
Cabazas
para “maracas”,
Na
inauguración, faranse xogos de adivinación, contaranse historias de
medo e nos comunicaremos.
Calabazas,
calabacins e pepinillos.
Decorativos
e comestibles,
grandes e
pequenos,
para
disfrutalos simplemente con velos.
Degustación
de chuas de melón,
calabacin a
plancha, e as mais variadas ensaladas.
Calabacins
rellenos e pepinillos con sal e limón, como guarnición.
e hasta
unha boa queimada, usando un melón como recipiente, na preparación
da maxica augardente.
Exposición
e venta.
non a
perdas.
Nado
Pancho, no epicentro, donde sempre esta pasando algo.”
o sabado 12
de octubre, xa estaba todo preparado para inauguración, Gabriel
sobre as tablas do escenario facia os ultimos axustes de sonido, un
veciño, un amigo que ca sua voz anima o espiritu. Picho estaba
diante del preparando unha cabaza para facer a queimada.
Cas luces
apagadas, e ao mesmo tempo que comenza a arder a augardente,
escoitase o conxuro: “mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos
trasgos e diaños, espiritus das nevoadas veigas... ”. E deu
comenzo a primeira feira de melons e cabazas da eurocidade
Tui-Valença. Da cociña do bar saia unha crema de cabaza, que
quentaba a barriga na noite fresca, as chulas de cabaza que preparara
miña cuñada Juana, facian lamer os dedos como gato cando esta en
modo aseo.
Mais tarde,
cando o sagrado brevaxe da queimada xa baixara polas nosas gorxas,
sentados esta vez na mesa redonda da churrasqueira,
falabamos nas posibilidades que podia ter a feira, - quedan
preciosas, que maravilla, a min gustanme todas - , eran comentarios
que escoitavas de cotio das xentes que se acercaban polo bar.
-parece que ten boa acollida, - decialle eu a o Picho – os
comentarios que se escoitan son agradecidos. A ver si da polo menos
para gastos.
-algo a de dar, - deciame picho – ainda que para comer a xente non
ten costume, para adornar e para os pais que queren enseñarlle as
suas crias a tradición de facer mascaras cas cabazas a noite de
Samain. Algunha hadese vender.
-para o ano, repetimos, ti que crees? - decialle eu ao picho.
-si, e eu vou ver si dou conseguido que me presten alguns campos de
regadio e para o ano encho todo o barrio de cabazas.
-bueo, non corras moito que igual caes.
E así seguiu a aventura.
Xa estaba decaido o inverno, e picho empezaba a carretar esterco, un
par de leiras en Paramos, un par de de leiras na veiga do Louro e
Guillarei, un par de leiras en Randufe, e todo o abono que tiña nas
cortes lle era pouco. E cas patatas do cedo, empezou a plantar
“cocos”, outro nome que lle poñia Picho as cabazas. E casi de
repente, sin que a primavera ainda non se fixera patente, miramonos
nas nosas casas confinados. Un virus de “familia real”, o
coronavirus. Un virus que ainda sigue estando presente no noso día a
día, e que ten trazas de que si ou si, vai mudar a nosa forma de
vida.
Os días pasaban no medio da incertidume, esa paralización total
dunha sociedade que basa toda súa economía no comercio, facianos
pensar que habia que plantar mais verzas cás de costume. E de vez en
cando que falaba co Picho por telefono, sufría o rapaz por non poder
ir regar os cabazos, pois a pandemia seguia sin dar tregua. E xa
cando as autoridades competentes empezaron a deixar ir a xente aos
campos, o picho dava pinchos de alegría, alí o miravas todos os
días, si non era nunha leira era noutra, pero sempre cos pes na
terra, regando de pé todas suas hortas.
A primavera pasou, chogou o vran e con el un prolongado tempo seco, e
así o Picho non deixou de regar en ningun momento. Bendita
constancia, que o desexo alcanza.
Despois dese primeiro confinamento, as autoridades empezaron a deixar
libre movemento, cas precaucións que temos que tomar en cada
momento.
Eu pola miña parte, durante todo ese tempo, dediqueime a arranxar
todo o eido e os cubertos para albergar tal cantidade de
cucurbitáceas. O aido do Pancho, onde se vai ubicar o museo do rural
galego.
E xa nas portas do outono empezouse a colleita do froito que tiña a
ramada seca, Picho e seu fiel cuñado Telmo, non deixavan de traer
viaxes de cabazas na pequeña furgoneta aberta con grua que o picho
ten dende a época que traballaba de encargado en Barreras.
Según como colocabamos as cabazar enriba do canizo, sobre o muro,
sobre o pilon do pozo, sobre andamios e en todo sitio que
encontraramos, ivamos sacando fotos e compartindo con compañeiros e
amigos. As reaccións todas eran de agrado,.
un día falando con Boo, un compañerio que vive na parroquia de
ares, e que é un deses rapaces que lle gusta e ve necesario estar en
todos eses movementos socias que axudan a veciñanza, saltoume nos
miolos a idea de facer competicios entre parroquias da comarca, para
dar mais visivilidade a cabaza.
E con cada cabaza que colocabas, un feixe de ideas vulian pola
cabeza.
Que si concurso de quen ten a cabaza mais grande, ou mais bonita, ou
o que ten mais cabazas, todo un mundo de concursos ao redor das
cucurbitáceas.
Que cada veciño expoña alá onde lle cuadre, en bares en
restaurantes en centros culturales, e entre todos xuntos facer que se
popularice o consumo das cabazas. E así crear unha economía ao
redor da cabaza, que sirva para ir tirando no noso día a día.
Este ano decidimos facer a feira das cabazas todo o mes de octubre,
para o ano comenzara en octubre e hasta que as cabazas duren.
Este ano na inauguración non faltou castañas nin queimada, ainda
que foran poucas barrigas que as degustaran, pois a pandemia
obriganos a manter as distancias.
Esperemos para o ano que milloren as circunstancia e se suman mais
almas a este pequeno proxecto.
As ideas quedan ahí, metidas en todos os miolos que leeron este
pequeño esbozo. Esperemos que broten en terra fértil, e que para o
ano teñamos calabazas en todas as casas.