sábado, 16 de julio de 2016

A virxen do Carmen


y cuenta el de la triste figura, alla en Tuiy, su ciudad:

A virxen do Carmen,
Levarona en romeria,
Sairon de Santo Domingo,
Baixarona pola marina.

A virxen do Carmen,
Levarona nuha lanchiña,
Subiu o alcalde,
Con toda a camariña,

A virxen do Carmen,
Levarona polo río,
Aconpañada de mariñeiros,
Franqueada polos riveireños,

A virxen do Carmen,
Levarona Baixo a ponte,
Tiraronlle petalos de flores,
E canticos dos señores.

A virxen do Carmen,
Subirona polo río,
Surcando sentimentos,
Xogando co momento.

A virxen do Carmen,
De volta as costas polo camiño,
Levarona de novo para Santo Domingo.
Portada por pensamentos divinos,
Que arrastra o xentio.

Ahí virxen do Carmen!.
Ti que xuntas a de-votos,
No interes do poderio,
Que nas ideas confunden ao xentio.
Un milagro che pido.

Ahí virxen do Carmen!.
A queles que detrás de ti camiñan,
Que sexan conscientes da vida.

Os rezos podran apaciguar a fatiga,
Pero sin buscar a solución,
Non se atopa saida,
A os problemas que temos na vida.

Dalle palabras para que fablen dende a razón,
Ainda que está non sexa divina,
Que as razóns do divino corazón
solo sirven cando non tenemos claro unha saida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario