martes, 7 de mayo de 2013

Muiñeiros



Semente que crece,
Fermosa espiga,
Selecto gran,
Que fai boa miga,

Esperanza,
Alegres vidas por un soño,
Amistades dun pobo,
Muiñeiros da cultura.

Moa que xira constante,
Ó pasar da auga cristalina,
Enamorados no alimento que nos inspira,
O fermoso entorno,
Con persoas que o miman,

Grazas por manter,
Parte da tradición viva.
Que as raices dun pobo,
Fano mais grande,
E cheo de vida.

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario