miércoles, 22 de diciembre de 2010

ialma queimada


IALMA QUEIMADA

Esqueletos branquecidos
Sombras da noite
Espiritus dos infernos
Noite estraña de San Xoan.

Estrelas que vides doutros mundos
Pensamentos inquietos dos vivos
Por algo que foi e sera
Noite estraña de San Xoan.

Sombras da noite
Portales que van levar
¿é unha festa ou algo mais?
Noite estraña de San Xoan.

Pensamentos inquietos dos vivos
Sentimentos calados dos espiritus
Por algo que vai pasar
Noite estraña de San Xoan.

Portales que van levar
Ladridos de cans inquietos
Esplandor da fogueira
Noite estraña de San Xoan.

Sentimentos calados dos espiritus
Somentes cinza no chan
E a xente que se vai
Noite estraña de San Xoan.


Moco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario