viernes, 10 de diciembre de 2010

A FORMIGA QUE FOI O MUIÑO

                        A FORMIGA QUE FOI O MUIÑO

Isto era unha formiga que foi o muiño a por fariña, e polo camiño meteu o pe na neve, e quedou prendida; entón dille a formiga a neve:

F- neve, tan forte eres que meu pe prendes, deixame ir. E dille a neve
N- non son forte non, que o sol me derrete.

F- sol, tan forte eres que derretes a neve que meu pe prende, deixame ir.
S- non son forte non, que as nubes me tapan.

F- nubes, tan fortes sodes que tapades o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixádeme ir.
N- non son forte non, que o vento me leva..

F- vento, tan forte eres que levas as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, déixame ir.
V- non son forte non, que o muro me para..

F- muro, tan forte eres que paras o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
M- non son forte non, que o rato me atravesa .

F- rato, tan forte eres que atravesas o muro, o muro para o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
R- non son forte non, que o gato me come.

F- gato, tan forte eres que comes o rato, o rato atravesa o muro, o muro para o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
G- non son forte non, que o can me come.

F- can, tan forte eres que comes o gato, o gato come o rato, o rato atravesa o muro, o muro para o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
C- non son forte non, que o pau me bate.

F- pau, tan forte eres que bates no can, o can come o gato, o gato come o rato, o rato atravesa o muro, o muro para o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
P- non son forte non, que o lume me queima.

F- lume, tan forte eres que queimas o pau, o pau bate no can, o can come o gato, o gato come o rato, o rato atravesa o muro, o muro para o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
L- non son forte non, que a auga me apaga.

F- auga, tan forte eres que apagas o lume, o lume queima o pau, o pau bate no can, o can come o gato, o gato come o rato, o rato atravesa o muro, o muro para o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
A- non son forte non, que o burro me bebe.

F- burro, tan forte eres que bebes a auga, a auga apaga o lume, o lume queima o pau, o pau bate no can, o can come o gato, o gato come o rato, o rato atravesa o muro, o muro para o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
B- non son forte non, que o home me manda.

F- home, tan forte eres que mandas no burro, o burro bebe a auga, a auga apaga o lume, o lume queima o pau, o pau bate no can, o can come o gato, o gato come o rato, o rato atravesa o muro, o muro para o vento, o vento leva as nubes, as nubes tapan o sol, o sol derrete a neve que meu pe prende, deixame ir.
H- non son forte non, que a formiga me come a fariña.

E a formiga escoitando isto dixo:
Neste mundo non hai ninguén mais forte que ninguén, que a todo hai quen gañe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario