y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:
Cando a
miña capacidade de expresión non alcanza a suficiente razón, ea
miña mente precisa comunicación, “colgo” unha foto “elocuente”,
e
espero os comentarios das Xentes.
con lectura
entretenida,
Para que en
libre debate falemos das Artes.
Esas que
sin precio aviso, mudan nosas conciencias e nosa consciencia. Como
Sociedade, como humanidade.
E no leve
susurro
percibido, sigo na procura do meu obxetivo.
“ ser
capaz de convencer a os que ostentan o poder, da necesidade de
Garantir o Básico
a todo individuo.”
si,
falamos de Política,
do Arte de
comunicarse entre as xentes,
nas mais
amplias e diversas labores humanas.
Primeiro
intento da novela que meus miolos me estan propoñendo.
Dependera
dos comentarios, si sigo ou a aparto. Para seguir
buscando
ese
“Fío” donde expoñer todo canto miña mente dicta.
Nota: (ir a
ultima paxina.)
A divina
cidade.
Tuiy no
imaxinario da humanidade.
Cando eran
as 12:00 horas do Miercoles 29 de Decembro do 2021, estando eu
sentado a tomar unha bifana no bar do “Feirón” en Valença do
Minho. Día cuberto de nuves con febles chuvias de vez encando, en
cada recuncho un murmullo vivo das xantes que buscan mercar ou vender
algo, baixo un manto de toldos entrelazados perfectamente para que
non chova debaixo, os ferros donde descansa toda súa firmeza,
fortemente fixados con cordas e trinquetes que van ou veñen de todos
os lados.
Toda unha
obra de inxeniería dos feirantes, que montan cada miércoles antes
de que o sol desperte e dende que a humanidade anda por estes
presentes.
Enton tomo
miña libreta e escribo:
“-a miña
realidade como humanidade.”
Pouso o
bolígrafo, doulle un trago a cervexa, enrolo un pitillo e a mirada
vaiseme polo posto ambulante que xusto teño diante. a mirada recorre
todo un surtido de tarteiras, sartens, tixeiras, tenedores, cuchillos
e un feixe mais de utensilios, ferramentas practicas para uns dos
traballos mais divinos. O de convertir o que nos da a Naturaleza en
exquisitos alimentos.
O Sentido
da vista neses momentos é o que predomina, casi non escoitas esa
algarabía que se forma por veces, meus ollos van pasando pouco a
pouco dun puesto a outro.
Flores, un
carro de flores de diversas cores, verdes roxos violetas amarillos
azuis e un largo etcétera. pechas os ollos e inspiras. Creas e
recreas mentalmente seus aromas. Ese fragancia a lavanda, ese aroma a
romero, esa esencia de gardenias que sempre me cautiva a alma. Abro
os ollos e de novo a mirada é a que manda, sigue cruzandose cas
xentes que pasan cargadas de ilusinóns, cas mans cheas de bolsas,
roupa roupa e mais roupa, de todos os estilos e para todos os gustos.
Laranxos, maceiras, pexegueiros, limoeiros, van camiño de ser
grandes frutais, nos eidos das casas “señoriais”.
A mirada centrase no posto das
aves, pitos de recría, galiñas ponedoras, patos, pavos.
Os paxaros
engaiolados, canarios mansos, canarios bravos, periquitos e
papagayos. Pintados das mais deliciosas formas, que me levan a
concentrarme no seu saltarin baile, e uns e outros se cruzan no
delimitado espacio que o presente lles ten marcado. Sobre o pequeño
columpio parece que esta cantando, e pouco a pouco comenzo a
escoitalo, un cántico suave e limpio, cando os sentidos da vista e
dos oidos coincidiron náquel fermoso paxariño.
E de
repente desperta o sentido do oido con todo seu alcance,
Os
murmullos incesantes das xentes invaden meus tímpanos,
e a vista
desaparece por completo deixandome prácticamente cego, e todo ao meu
redor comenza a formar unha paixase sonora que inundaba todo meu
sentir.
-un
cachorro tres bifanas tres super bock e unha cola. Pide a rapaza que
atende as mesas do pequeño bar de feira, a os que estan no remolque
donde esta montada a cociña e as neveras da bebida.
E difícil
de descodificar todos eses sonidos xuntos, volvin a intentar escoitar
o paxariño, e xa non fun capaz de disfrutar dos seus encantos. Neses
momentos xa tiña todos os sentidos equilibrados, e situaban-me no
entorno do mercado.
Xentes que
veñen das comarcas limítrofes, deducialo polos acentos a hora de
comunicarse entre eles.
Si
algunha gota de auga cae, as xentes acollense baixo ese manto de
toldos que facendo grandes pasillos cubertos, cubren todo tipo de
xenero, Eu pido unha cervexa mais e pecho a libreta, queria saborear
a cerveza eo momento sin ter que deixar constancia de todo canto se
me cruza polo pensamento.
Enton
escoitase un gran grito, e tras un sobresalto todos nos xiramos a un
unísono. Un de aqueles pequenos “charcos” enriba dos toldos,
movido polos suaves ventos, deu cair sobre a cabeza dunha señora.
E tras o
silencio inicial, e comprobar que non habia mais mal que ter que
cambiarse para non ter esa roupa mollada enriba. Rexurde o murmullo
ao redor dos infortunios. O bo rato que estiben alí sentado, non
caiu do ceo ningun charco mais, e os murmullos dos infortunios se
van.
Saudas a un
que outro coñecido, pois dende fai cincuenta anos que que ando por
estes lugares, formando parte da flora e da fauna deste paisaxe.
Sigo dandolle voltas a cabeza
de como encaixar toda a “novela” do futuro que me espera, e
venseme ao pensamento a obra da “Divina Comedia”. e si Dante se
fixo acompañar do Gran Poeta, ¿por qué non apoiarme eu tamen en
algúns dos grandes das letras?.
Levantei a cabeza, e alí
estaba sentado diante miña, Dante Alighieri, na misma mesa no bar do
feiron en Valença.
Despois dunha vida subindo e
baixando montañas, e tras fuxir das garras dos depredadores que o
acechaban, que a un pelo de mosca estiveron de comelo. Miravase
alegre, como cando un esta satisfeito polo traballo feito.
-Non o dudes, pois todos
aqueles pensamentos que deixamos escritos, dixome como si estivera
lendo miñas elucubraciones, son para alimentar aos espíritus que os
lean e así resucitar unha vez mais no consciente que este presente.
Si, sabia perfectamente que
era fruto da miña imaxinación, pero alí estaba sonreinte, como si
fose eu un recordo que lle gustaba. E a min valiame como punto de
apoio, mara mover as ide@s que levo dentro.
-a donde vas?, e por que
reclamas miña compañía? Dixome Dante.
-non sei donde vou,
contesteille, E preciso que alguen me acompañe, porque levo anos
dandolle volta a os miolos, eu eu solo non dou feito, e todo para
alcanzar o obxetivo que me marquei, E metido nesa realidade que
sinto, fago o esforzo por conseguilo, e nada alcanza a tranquilidade
do meu espiritu.
E pensei en ti, como antes
pensara noutros. E nas cirscunstancias prescisas, aparece algun para
darme seu apoio.
-pois desfaite da pereza,
deciame dante, que é o peor m al que ten a natureza. e comeza a
andar, que a algun lado as de chegar.
- ¿e en que punto do
espacio-tempo enton empezo obra?, pregunteille a Dante.
-Aquí e agora, contestoume
sin vacilar un instante.
E así
empeza esta historia:
nun pequeño
outerio que esta situado xeográficamente nun cruce estratéxico, ao
caron das cuencas dos rios Louro e Minho. erguense as fortalezas da
“Cidade de Tuiy” sobre un gran santuario da antigüedade.
no
noroeste da península ibérica, nun territorio que abarca todo ao
norte do río Douro hasta o océano atlántico e o mar cantábrico.
Coñecido
dende tempos inmemoriais como “Gallaecia”. Tuiy ocupa o centro,
entre Bracara Augusta e Lucus augusta en tempos da cultura romana. un
lugar de comercio, de intercambios culturales, e de intrigas
institucionais. Como xeografico tamen xogaba un papel de centro
Político entre os do norte e os do sur. Entre os do oeste ou este.
Todo comeza
cunha conversa. Primeiro “nace” no interior de todo individuo, e
despois si interesa e cuadra, compartimos a conversa hasta cos
paxaros si fai falta.
Si, quizás
conversando en voz alta, tamen é unha comunicación interior.
Neste
ensaio non pretendo describir unha realidade inmutable, ante os ollos
de quen sabe. E sí unha realidade efímera, para quen non ten ollos
para mirarse.
Vou falar
en primeira persoa.
Quero
sentir únha experiencia única, observando cada trozo da Historia
como parte da miña propia memoria.
E quero
facelo de maneira que a o releer, me sinta satisfeito polo traballo
feito.
No Fin do
Espacio-Tempo nos encontraremos.
-un “futuro novelado”?,
como si fose de queixon de madeira de pino.
Pareceme dificil de
conseguilo, dixenlle a Dante, no medio da algarabía que se forma ao
redor do bar de feira donde estabamos sentados.
-Primeiro teis que Saber ben
definir o entorno, para comprender ben túa historia. Deciame dante
no profundo da miña memoria.
- xa, e si son capaz de
describir o entorno onde vivo, logo esta a creación de “persoeir@s”,
e que enlacen ca realidade do momento .difícil tarea para mantela no
tempo,
-usa as “caricaturas”, das
xentes “reales” que conviven cas nosas realidades deciame Dante
sin inmutarse.
-non sera difícil, esperemos
que non se piquen.
-e para ir ao futuro que un
desexa, Dante dixome, que o primeiro que temos que facer é ir hasta
o pasado mais remoto e remontar o curso da historia, camiñando e
aprendendo a mirar fora como si fose noso interior e sentir que o
noso interior forma tamen parte do exterior.
é como a “física cuántica
das partículas”, si te paras a mirar, só podrás estar nun so
lugar. Agora si deixas fluir todo canto eventualmente te chega,
dixome Dante – podras aprender a mirar a luz que nos rodea, día a
día e alá donde nos atopemos en cada momento.
A simultaneidade de todo o
imaxinable, a “teoría dos pensamentos elementales”
A filosofía da ciencia, é
unha aptitude ante a vida, que nos leva polo camiño das alegrías.
Apoiate o mais posible no
coñecemento das ciencias, e deixa que o instinto te leve por donde
queira.
-ver a “atmósfera” da
realidade que desprende un abanico de cores emocionentes. Ainda que
algúns se empeñen en escurecer ca sua forma de proceder.
E alá fomos, Dante e eu na
procura do que somos.
E cando os dinosaurios non
pasaron a ser mais que unhas galiñas, e a humanidade empezou a
soñarse.
-primeiro situémonos no
espacio, dime Dante, nese espacio mais cercano e que podemos sentir
sin ter medo a equivocarnos. empeza describindo o territorio por
donde te moves, para logo irte situando no tempo que queiras.
-pecho os
ollos, e fago un exercicio de imaxinación:
sentado
sobre un penedo cara o sur, baixo un “obelisco” do tempo dos
“cristianos”, observo a os meus pes un río destellante como
serpe plateada que aparece e desaparece ante a mirada.
No medio da mais absoluta
oscuridade e baixo o ceo estrellado sin luna. Os primeiros raios de
sol tornaba ese negro profundo nunha variedade de grises que durou
segundos.
E Baixo os azuis do ceo,
despertaban todos os “verdes” elementos.
A luz do amanecer dun día
primaveral, vai deixando ver toda a “policromía” que a vista
alcanzaba, e vai deixando un sabor dulce na alma que soñaba.
A alegria de vivir, un soño
que é compartir.
Tuiy dende o mirador da cruz
no Aloia cara o Sur, unha comunicación visual de todo o val. Paseo
ca mirada por todo como expectador privilexiado, contemplado o
entorno como un maravilloso día de festa, donde se engalanan hasta
as “xestas”, de amarillos colores no medio dún mando exuberante
cheo de matices verdes,
é unha fonte de gozo, para
quen con amor contempla cada recuncho do que somos.
Unha sonrisa recorre cada
rostro que se comunica co entorno, e imaxínaste en pleno vuelo de
condor observando palmo a palmo todo o territorio, toco cos dedos a
luz que reflexa os cumios nevados da “peneda xures”, pasando polo
alto de “gargamala, ao caron de “Pé de Mula” un santuario
dende que fixeron presencia os primitivos humanos. Cruzo polo monte
faro, que xusto teño enfrente, que ilumina a todos cantos se achegan
ao alto. Paseo ca mirada dun a outro lado, explorando activamente
todo canto estou observando. Busco cada detalle que esta pasando.
Un paxaro atravesa planeando.
o río Minho que baixa dende
as montañas e que no medio do val recolle as augas do río Louro,
prosigue hasta desembocar no Océano Atlántico uns kilometros mais
abaixo,
ao caron do monte Tegra.
ao suroeste, ao caron da
desenvocadura do Minho, no alto da montaña sagrada do Tegra, unha
poboación que controla unha parte da costa eo acceso ao rio minho
navegable, porta de entrada da Atlántida.
Temos que ter enconta, que
cando a humanidade comezou a surcar os mares, dende Tuiy era mais
facil chegar ao mediterráneo por mar, que pasar o “Padornelo”. E
iso pasou hasta que inventamos os carros a vapor.
Con un
clima paradisíaco, donde en inverno son poucos os dias que baixan de
0ºC e no vran son poucos que suben de 33ºC, algunha vez que outra
castigada con algun que outro temporal, que suelen pasar sin facer
moito mal, e que deixa ricas augas que dan para regar todas as terras
que se queiran cultivar.
- Tuiy dende a prehistoria é
cruce de camiños formados polas cuencas do río Minho e río Louro,
e que vertebra todo o noroeste peninsular, na sua vertiente
atlántica, encaixado entre as cadenas de montañas a escasos
kilometros, a serra do galiñeiro polo norte, a serra da grova polo
oeste, a da peneda ao sur, ……, etc, etc...
todo o territorio esta
intercomunicado dende os primeiros asentamentos. Toda esa sucesión
de cúmios espallados pola paisaxe, son atalaias naturais que a
humanidade venerou dende que empezou a facer presencia por esta terra
o uso da razón na sua consciencia.
Atalaias donde con señais de
fume, ou “platerias” destellantes, se comunican entre as partes.
todos eses factores, Ríos,
val, montañas, fan de Tuiy un paso maior que a ruta da seda. Lugar
de intercambio de ideas.
Capitulo 1.
toma dous.
descripción
do territorio:
Tuiy esta
no medio dun pequeno val, un caudaloso río que cruza dende o noreste
a sureste rega parte das ribeiras que se alargan uns sete kilometros
hasta a falda das monañas mais cercanas, nas que divisas a
vexetación e segun se van alexando, unha fermosa silueta das cadeas
montañosas que o rodean, para rematar nuns picos nevados lonxanos.
Tuiy dende
o principio dos tempos, foi un cruce de camiños que transcurrian ao
caron do rio Miño navegable hasta as rutas atlánticas, e o rio
Louro navegable un trozo. Seguramente mais dalgun barco fenicio
estivo anclado no seu porto, que estaba situado cerca da ponte romana
que ainda se conserva hoxe en día.
xunto a
desenbocadura do Río Louro no Minho,
erguiase un
gran porto comercial, dende que a humanidade usou o inxenio para
flotar sobre as augas, hasta a chegada do tren que nos leva pola
beira do Miño. O Minho, caudaloso río que ao chegar a os terminos
de Tuiy encalma pasan suas augas, con influencia das mareas, pois a
desemboca uns kilometros mais abaixo no oceano atlantico, sendo os
cauces do río miño e do río Louro, os mais faciles pasos para
comunicarse con outras cidades, nun enclave único en toda Gallaecia.
lugar feito por grandes riadas, que cada ano asolagaban todas as
ribeiras, facendoas terras fertiles. E con mareas vivas cubrias os
arrabales e Dende que fixeron os embalses río ariba, as terras son
mais pobres en colleitas. Ainda que as casas non se inunden con tanta
frecuencia. A daptación da humanidade ao lugar muda ecosistemas. Nin
alá nin acá, a hora de enfrentarnos as adversidades que nos impon a
natureza.
a
comunicación entre as civilizacións, foi e sigue sendo clave no
desenrolo do pensamento cognitivo dos hominidos.
a verdade
do Verbo, depende de como o conxugue cada individuo.
E a gloria
se alcanza, cando somos quen de comprender a gracia.
@S xentes
pouco pouco, v@n deix@ndo v@leiro o merc@do, e os comerci@ntes
comez@n @ recoller os toldos, primeiro solt@n @ cord@ que est@
@m@rr@d@ @ rod@ d@ furgonet@, que est@ situ@d@ como p@r@ ventos do
@ire predomin@nte.
ao sair do
mercado, tropeceime con un posto que estaba cheo de “sortilexios”,
pequenos amuletos, que reconfortan o espitritu de que nos portan. E
quedei prendido dun trikel, sin principio nin fin o que estamos a
soñar. un pequeño colgante en forma triangular que penduraba enriba
dunha fermosa rama. Non me atrevin a collela, pero sempre a levo no
pensamento.
Ese
amuleto, reflexa a trinidade da alma de quen o leva xunto ao seu
corazón. Pasións pechadas, alegrías desmesuradas, soños de fadas.
-si xa pensas que teis
descrito o entorno da obra, dixome Dante, agora comeza cas
descripcions dos persoaxes, si as de escribir en primeira persoa,
decribe teu persoaxe, con todo xenero de detalle, e que sex
importante para a comprensión da obra.
“Nota:
(ir a ultima paxina.) “ ven
da nota da primeira paxina.
-si hai
algun “Mecenas” que este interesado en votarme unha man a
publicalo, entraría a formar parta da misma obra. Que como persoaxe,
non encaixaria mal en calquera dos compañeiros que me rodea.
Un saudo, e
que teñan vostedes boa conciencia, que fara as delicias do seu
consciente, entrando en armonía con todo canto nos rodea.
Para
sentirse agradecidos polo que nos da a Vida.
Mellorable
todo, sin duda, pero iso xa foi dende o principio dos tempos. E moito
melloramos dende entón, para estar só a un paso de garantizar unha
“Paz relativa”, a todo individuo que viva.
Agora
espero paciente os comentarios pertinentes.
Gracias de
ante man, porque despois, me é difícil recordar os “fios”
rotos.
Voluntarios
por un soño,
que ninguen
pase fame neste pobo,
con fe,
para adaptarse ao entorno.