miércoles, 24 de marzo de 2021

Juaquin resucitou

 


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:

 

Resucitou Xoaquin de Amorin, Xan das bolas, como o coñecin.

Si, si Jesucristo pudo, por que non ia el poder tamén resucitar?.

Un deses homes de boa fé, que sempre se recordan con cariño.


Cando de neno eu empezaba a ser consciente desta vida que nos leva, xa durmia Xoaquin no cuberto enriba da herva na vispera das festas da nosa Señora da Guia, e así un ano tras outra hasta u “outro día”.


Fai uns meses chegara a os meus oidos, que morrera, e na pena que en min produxo, escribinlle unha necrolóxica. Que así como a sentin, publiqueina sin meditación previa.

Sorpresa a miña, cando en comentarios na publicación que fixera, confirmabanme que non morrera.


Que facer?, pedir disculpas?, por si en alguen lle xurdiu a pena polo que eu dixera.

-deixemos correr e que sexa o que Deus queira, pensei para min.

E así foi como resucitou “Xoaquin das Chivas”.


-”ti cando escoites que morreu o Juaquin das Chivas, é que morrin eu. Porque Juaquins hai moitos, ademais eu nunca morro. Defiame Juaquin antes de sacar enta foto diante do bar.


-un apreta Juaquin, e alá donte te leve teu espiritu, que che deixe seguir tomando tua copa de licor café cún amigo.


Un apreta, e disculpas pola confusión...


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario