martes, 22 de diciembre de 2020

a Romeria das Angustias 2020

 


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


Fai seis millóns de anos, fai presencia o humano.

Fai quinientos mil anos, empeza a pensalo.

Fai cincuenta mil anos, empeza a expresalo.

Fai dez mil anos, empeza a entendelo.

Fai dous mil anos, se cree fillo (en exclusiva) de Deus.

Hoxe, seguimos sin entender, pero insistimos.

A historia das ideas, na singularidade do pensamento humano.

Dotados dunha mente simbólica, capaz de interpretar o mundo que nos rodea. Máxicas e místicas realidades da tribu humana.

“hace mucho, mucho tiempo. Cuando el mundo aun era un niño...”, Las palabras sagradas, el tótem que guía a las almas.


05-07-2020. primeiro domingo de xulio cando son as 08:00horas, dende meu escritorio. En breve collo a Kico Carballo e imos ao monte Aloia, para montar o equipo de música para as misas das Angustias. Que sexa un bo día e aprobeitado en calqueiraun dos seus términos que a vida determina.

cando fora por san Xulian pedirame si o subia a el mais o equipo hasta o Aloia, e agora por Angustias presenteime eu voluntario, pois gustarame o día que pasei.

Kico carballo é locutor da RMT, os sábados e os domingos pola mañas. E a veces fai de ameno pinchadiscos con música de baile para o fin dalgunha festa pequena. (non mo vaian compara como a orquesta Paris de Noia) el é algo de andar por casa.

 


Cando pola romería de San Xulian, que cuadra cada 27 de enero, chegamos a o alto, a noite pechada empezaba a clarear. Aquela cancilla pesada de ferro que daba paso ao recinto da pequena capela estaba pechada, kico foi chamar a Sebastian para que lle abrira a porta, fora este quen avisara a kico para que montara o equipo de son. Sebastian, xerente dun pequeno bar restaurante que esta alí cerca, gran entusiasta e protector do entorno, el fora quen promovera a recolección para mercar unha campana nova para a capilla, pois a outra a roubaran o ano pasado.

Facia frio e estaba mormallardo, esa forma de chover, que pouco a pouco vaiseche metendo no corpo, eu fun para o coche e gardei por eles a que chegaran. Ainda non acabara de facer o pitillo e xa viñan de volta, metin o coche hasta a porta da capilla, a mesa de son colocamola ao lado do altar, e un altavoz ao seu carón, o outro altavoz o colocamos fora, para que os devotos que non entraban na capela poideran escoitar a homilía. Xa tiñamos o equipo montado, e para enchufalo tiñamos que acceder a sacristía, o dia despertaba gris e cargado de humidade, dentro da igrexia movianse as sombras tras a luz dun par de cirios roxos, ea penumbra o cubria casi todo. Kico deixarame as chaves para que abrira a porta da sacristia, e ali estaba eu, cún manoxo variado de chaves intentando abrir a porta, sin atinar ben no burato, cando escoito vir unha voz enerxica de muller que se acerca.

-oigan ustedes!!!, oigan ustedes!!!, ¿que hacen aquí??

-eu medio agouchado, que estaba intentando atinar en meter a chave no medio daquela oscuridade, xiro un pouco a cabeza ea contra luz miro aquelas sombras cos brazos abrertos e con cara de poucos amigos.

-oigan ustedes ¿que hacen aquí?, dixo unha delas gritando co esperitu encolerizado.

Eu, cas chaves na man, quedei mirado para elas na misma posición en que estaba, que parecia o jorobado de Notre Dame, e quedeime quietiño, non fora ser o caso, e dixenlle – intentando abrir a porta, non miras -.

aquela cara parecía que ia estoupar, hasta na oscuridade do pequeño templo reflexaba un cor vermello, cando falou Kico -estamos colocando o equipo de son. -

-a bueno, dixo enton, baixandolle esa inflamación, que para min, lle ia a dar algo.

Eran axudantes do clero, que viñan para os preparativos antes do oficio. E non deveron estar avisados que estabamos nos alí, e nos confundiran con uns ladros. Sempre nesta vida hai confusións. E alguns alporizanse cando non comprenden a escena que a vida lles pon diante,

Din aberto a porta que da a sacristia, ca axuda da tecnoloxia, cunha lirterna que ten incorporado o telemovel. Luces que facilitan o camiño vida.

Conectamos e probamos os equipos, as sancristanas deixaran unhas flores e se foron, kico axustando a mesa de son, dime que probe o micro que esta no púlpito de oradores,

-hola si, un dous tres provando.

-mais mais, fala mais - dime Kico -.

enton eu levantando os brazos comenzo a decir – queridos irmans, estamos hoxe aquí todos xuntos para escoitar a palabra de Deus neste mundo, e na voz de quen así o crea, obra o milagro de quen a el se acerca -. Niso miro que alguen se achega dende o fondo da capela, e quedome calado, non fora ser que foran as sancristanas, xa antes nos rillaran as orellas e agora non tiña ganas de aturalas, quedeime quieto Esperando que alguen dixera algo.

- vos días- dixo Manolo do Pilar, que xa se facia visible. - Das un bo predicador. E con esa voz, meus musculos se relaxaron.

-non, que meu repertorio non da para tanto. Dixenlle eu, E ti veis cedo para visitar o santo.

-vin dar unha volta, - decianos Manolo – andamos con preparativos no refuxio dos celtas, que todos os anos mandamoslle un bo cocido.

-con este tempiño, ben que presta – dixenlle tremendo e frotando as mans cun pouco co frio-.

-logo si queres pasade a tomar un viño.

-unha boa opción, dixenlle, non o dudes, por alí estaremos ...



-agora falta provar o micro do altar e imos desayunar, dixome Kico.

-si hola, un dous tres probando, si si, hola si.

- xa vale, e agora un pouco de música. Dixo Kico.

Saimos cara o restaurante cando soaba nos altavoces a muiñeira de Chantada.


Metidos no medio dun frondoso bosque, Os murros que rodean o recinto da capilla con forma rectangular duns cen metros de ancho por uns trescentos de longo, non son de moita altura e de verde musgo estan cubertos, así como sobre as ramas curbadas das arbores, metenos nun maxico mundo de Fadas. 

 


Nada mais entrar xa notabas o calor da estufa redonda de leña que por sitios estaba ao roxo vivo. Quentar un pouco as mans e os fuciños, e retirarse un pouco para non queimarse. Naquela mesa, unha taza de viño e un trozo de tortilla recien feitiña, para chuparse os detos, unha tortilla casi tan boa, como a que fan no bar pancho ao caron da igrexia da guiá.


-Telmo, Telmo, vamos, - despertoume kico dos meus pensamentos – veña que van ser xa as oito e media.

-Vou vou, dixenlle.

A veces cando me poño a escribir, perdo a concepción do tempo, por iso poño alarmas no telefono para que me avise de que teño que mudar o “chip”. Ainda non tocara a alarma que puxera para as oito e media, que era hora que quedara con Kico o día anterior.


Aparquei o coche diante do portal, e xa salia kico cun dos altavoces na man.

Kico vive frente o eido donde eu levo pasando a maior parte da miña vida.

O sol da mañan xa relucía con todo seu resplandor,

-imos ter millor día que en San Xulian. Deciame Kico.

-todos os días son bos, chova ou faga vento. - Decialle eu – pero mais agradables para pasear, seguro.


Aquí estamos no alto do Aloia, eu sentado nun banco de pedra diante da capilla despois de montar o equipo, esta Kico carballo provando o sonido.

A capilla das Angustias, era a mesma capilla con devoción a San Xulian.

Esta vez tivemos que montar o equipo fora, pois as autoridades Sanitarias puxeran normas de estricto cumplimento, para controlar a Pandemia que nestes momentos esta asolando a humanidade enteira.


un cura colocando na cancilla pesada de ferro, un cartel de aforo para unhas 250 persoas. A Primeira Romeria das Angustias, tras o primer confinamento polo COVID19. Todos os presentes con tapa fuciños, e mantendo unha distancia de seguridade para que non se transmitira o virus.


Están rematando de montar o altar campestre diante da capilla, Kico poñendo os sons do día, Charangas e música de romería. A xente vaise achegando dispostos a venerar a santa, e pedir algún milagro, si cuadra. A maioria son coñecidos de vista, algúns veciños que nos saudamos cando nos cruzamos, sabes que uns son de tal parroquia, ou de tal familia, e pouco mais pode un saber das suas vidas.

Xa apunto de comezar a primeira misa do día. Sobre sesenta persoas estamos presentes, nin unha septima parte da xente que por san Xulian baixo os paraugas aquí estaba. Xunto a entrada do recinto, un da organización do evento esta votando xel desinfectante nas mans de todo cristo. E estes entran ao lugar sagrado labandose as mans como Poncio Pilatos, que os espiritus e os virus non fagan de nos estragos.


- “Xuntos como irmans, membros dunha igrexia ...” - comeza a cantar o cura… xuntos pero non reboltos, soanme os pensamentos de fondo.



E según trascurre o ritual

-”os que queiran comulgar que pasen pola dereita, e mantendo a distancia reglamentaria de seguridade, saian pola izquierda” - decia o cura dende o altar. E un tras outro pasou algunha xente a comulgar.


Venme ao recordo de cando era cativo e ia eu convencido de que aquela ostia rexeneraba eu espiritu, pouco me durou aquela convicción, e ainda que deixei xa fai moito tempo de comulgar con rodas de muiño. Satisfeito estou de percorrer ese camiño. Son rituales que os agarran a uns ideales, uns ideales que ben pensados, calman os males da alma.


Rematada a escenificación, e despois de que o cura dixera “podedes ir en calma” entrou Alberto en escena a ler un poema. Un poema a virxen das angustias, un poema de unión entre todas as divinidades que no monte sagrado estaban alí presentes.



despois de tomar unha cervexa no bar do Aloia, fun dar uhna volta hasta gran cruz que dende o alto mira ao sur.

Pasei por diante da cancilla que da capilla, e alí donde por San Xulian estaba cheo de rosquilleiras, e varios tenderetes vendendo velas e exvotos, agora solo habia un tenderete con exvotos. os exvotos son figuras de cera de partes do corpo humano que se lle ofrece ao santo, para que lle alivie o mal que lle ven dado. A pandemia fixo estragos, e xa non se vende tanto.

 


 

Quedei mirando de lonxe o refuxio celta, donde tamen por San Xulian tiñan unha boa festa.

Cando chegabamos a tomar o viño que nos ofrecera Manolo, estavan entrando as olas do cocido no refuxio, de baixo dun pequeño cuberto que ten diante da porta, unha mesa cun xamon enriba, e barios pratos con queixos variados, alí estaba a maior parte da “flor e da nata” da cidade de Tuiy, …

alí estaba o alcalde Enrique Cabaleiro,

alí estaba o presidente da cámara do comercio,

alí estaba o presidente da cámara de Valença.

alí estaban diversos representantes da corporación,

políticos do monton.

alí estaba cholas, e algúns veciños mais.

alí tamen estaba J.M. Rosada, ese chaval que coincidimos uns meses facendo a mili no cabo Fradera.

-ti tamen por aquí, dixome,

-a min invitaronme a un viño, e aquí estou obediente,

- branco ou tinto,

-tinto,

a parte da copa de viño, trouxome un cacho de chourizo, que sacaran do cocido para por uns pinchos, estaba de vicio.

as conversas rebosaban alegría entre os grupos de xentes que alí habia, ambiente de romeria e de amigos, entre diplomacia política.


Cando fun recuncar, pareime a falar con “ñolas”, un deses persoaxes que sempre esta enterado de todo cotarro. Un deses que se move con facilidade dunha opción politia a outra.



capitulo dous:

en que quedou a Romeria das Angustias 2020



Estes, os politicos locais, sempre se fan ver en toda festa e romería que poida haber na contorna, si é a festa dos burros e fariñeiros do río trimes, alí estan, si é a festa en honor a santa Madalena, non falta carneiro sobre a mesa. E así unh tras outros van en busca de votos como devotos de calquer ideoloxia que se presta...


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario