miércoles, 24 de junio de 2020

Muiño do Mañoco,


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


O Xardín dos Deuses esta presente na nosa mente, e de seguido estamos reconstruindo o Paraiso en sintonía co entorno que nos rodea.


para o Muiño do Mañoco, mais para ese Amigo que con insistencia e constancia sacouno do corredor do olvido. Gracias.

Unidos e coordinados cún obxetivo claro.
Preservar na nosa memoria, o que os nosos devanceiros nos deixaron.
Gracias a Asociación dos Muiñeiros e burros fariñeiros do rio Tripes.
Gracias a todos cantos compartiron momentos, ledicias e pensamentos.
Gracias pola conservación do noso pasado. Pois este sustenta toda a razón no presente efimero do noso consciente.
Un pasado que nos axuda a comprender millor o que temos na mente.

Gracias por esa labor paciente e constante de manter vivas nosas raices. Raices dunha cultura que nos manten na cordura. Raices que alimentan o espiritu dos pobos, e éstes comprendan millor o que somos.

Gracias no seu conxunto a todo o mundo.
gracias a Deus, “Propietario” de todo canto podamos estar pensando, que en “cesión temporal de uso”, pon en mans dos “Anxeles Custodios” (Asociac. Dos Muiñeiros e burros fariñeiros do rio Tripes.) o muiño do Mañoco.

O “Muiño do Mañoco” como unha peza estratéxica, nun puzzle de pezas únicas nos cauces de todos os regatos da Eurocidade Tui-Valença, da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal.

Gracias unha vez mais polo aporte Tanxible na historia da humanidade. Ainda que sexa unha gota no medio do oceano, pois sin gotas, estaría valeira toda nosa historia. Tanto ou mais importante é o plancton que a ballena para o ecosistema.

Gracias a todas esas xentes que dunha ou doutra maneira axudan na conservación do entorno. Pois entre todos, somos o entorno.

Gracias a ese falar entre veciños,
gracias a eses que entre conversas cargan ao lombo a “desbrozadora” e limpan toda a “lebada”, para que a Bendita Auga, mova o Rodicio que fai do gran a millor fariña, e dos “individuos” a millor “familia”. Que alimenta o corpo eo espiritu de quen polos muiños se acerca.

Gracias a todos e cada un dos veciños, cós seus mais e seus menos a hora de afrontar o reto. O reto de manter o entorno o mais axeitado posible para a convivencia de todos. De todos e cada un dos animales do seu ecosistema.

E por ultimo, gracias tamen a os burros, que sin preguntar a quen lle falta, ca maxia do bo facer, con alegria e constancia no medio de toda esa algarabía, axudanos a soportar a carga no noso día a día. Pois eles tamen son, unha das razóns de ser da Asociación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario