martes, 4 de agosto de 2020

Voume Columpiar.


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:

Voume columpiar.


Voume columpiar, por que eu non son nada romántico, mais alá do estrictamente necesario.


O “columpio” servirá para as sesión de fotos dos estudios especializados, prensa de calquer tipo e grado.

Lugares de encanto, pero apenas románticos.


Romántico romántico, o que se di romántico, non o miro moito. Pois está como si fose xaula para “admirar” en cautividade a os que por alí posan .


Reflexións dun vello idealista.

Un rincón romántico non esta no medio do “Patio”.

Por muito que os atardeceres sexan de mil cores, reflexando a beleza do sentido sobre as augas do Minho.


Co ben que estaba miña “xauliña” nos xardins de Troncoso, cos meus banquiños e a miña mesiña redonda de pedra. Ao caron de Socrates, como “mosca cojonera”.

E iso é, a o que eu aspiro. A ser a Mosca Cojonera, de quen este mundo goberna. Pero como hai tanos, e tanto que rascar. Que me conformo como mosca cojonera do “goberno” local. Teñamos enconta que o “goberno” local é un “producto” de primeira necesidade, para unhas determinadas formas de vida. Mirese a Cultura Indú, donde as “Vacas Sagradas” producen tan preciado producto. Co cal poden as xentes construir as paredes das súas “Chozas”. E ben seca, sirve para quentar o alimento, que o campo produciu con un bo carro de esterco.

Pero deixemos o “goberno” local, a Socrates, a mosca e a Politica para outra ocasión. E centrémonos na cuestión:


o de que me ia columpiar, ao redor desa “xaula” pintoresca, o día que polo Penedo vaia dar unha volta. A inda a conciencia de que a algúns, o u algunhas, o consideren unha ofensa. Eu o fago con todo o romanticismo do mundo, para que éste colla conciencia.


Un bico, e un aplauso para a ocurrencia.

Que bella y hermosa seria la vida, si el romanticismo no moviera al mundo. Todo seria matemático, y todo seria de nuestro agrado.


Agora en serio. Parece que non saben (“estes do concello”) que facerlle a ese “Adorno do Nadal”, que o van mudando de cando en cando de sitio.


Eu metería a “Xaula” nún daqueles “socalcos da murralla, que esta a distancia suficiente para que as augas do Minho, reflexen os luz branca dos espíritus dos namorados, ou pretendientes. fora das miradas indiscretas,(1) para que sexan mais románticos os rituales de apareamento.


(1) miradas que estan pendientes de ver canta xente se “columpia”, para logo pregoalo por todo o pueblo, como atrallente turístico, o por algunha outra razón que a min se me escapa.

Que si, que tendra súa eficacia, ¡¡¡pero romántico!!!???.

Para ser uns celestinos, vos recomendaría a obra de “don Juan Tenorio”. Y bajo la luz de la luna, escuchar todo su repertorio.


E en vez do columpio, que tendria que ser reforzado ou poñer un cartelito que diga “ de un en un por favor, e sin movimientos bruscos”. Eu poria meus banquiños de pedra, ca miña mesiña redonda, que ainda non sei onde mos meteron. E era un lugar onde fluían ben os pensamentos.

Ahí nas murallas, teria unhas vistas de encanto, e ainda que me afasten do busto de Socrates. O sigo tendo presente na miña mente, sobre todo cando un vai “lidiar” como mosca cojonera, ao redor das “vacas Sagradas” que ostentan as pancartas. Pois das súas “disposicións”, dependen as Xentes para que a vida lles sexa mais romántica, mais alá que ir de cola en cola suplicando por unha ración, ou unha razón, a tan grande mal que os asola.


A verdade, penso que xa me columpiei demasiado, e non sigo por que podo facerme daño. Pero seguiremolo pensando, o de aprender a ser mais romántico. Por que a veces teño a sensación de que ninguen me esta escoitando, E iso que me paso mais de media vida falando.


“sueños de una noche de verano”

junto al rio dos enamorados.

en sus ojos brillaba una luz de esperanza.

sus voces suaves encantaban a quienes alcanzaban a escucha sus cánticos.

y sus hermosas palabras cautivaban la pena de cualquier alma.


Cuenta la leyenda, que aquella noche se prometieron estar juntos hasta que las aguas de la vida los cubriera.

Aquel era un vran atípico, pois as precipitaciós eran abundantes, e ainda que a noite estaba estrellada, e a luz da lúa iluminaba súas almas, non se deron conta do aviso, de que rio arriba ian a abrir as comprotas para evacuar augas, que o dia seguinte a previsións eran nefastas. E agarrados nun abrazo que os levaría xuntos hasta o fin dos seus días. As augas foron subindo hasta quedar completamente asolagados.


Contan as xentes, que unha vez as augas recuperaron o seu cauce, apareceron moribudos os espíritus dos namorados, abrazados a un ideal que non os deixa disfrutar do descanso celestial.


-intertar o intentan.

-eu tamen, e non alcanzo mais romanticismos, que un columpio en pleno paseo “marítimo”.

E que todo sexa polo ben dunha Sociedade que a todas luces se sabe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario