miércoles, 17 de junio de 2020

vagalume


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


cando as tinieblas cubren todo o horizonte, un pequeno “vesvello” fai que reparemos na luz que levanos dentro.

lusicús
lucecús
vagalume
luciérnaga

facia tempo que non miraba un destes “bichos” con luz propia.
Gustame esa idea de compararme con el. Como “Vagalume emitindo unha pequena luz na oscuridade da noite. Si, seguro que son un “bicho” mais na diversidade do entorno.
Eu non son de presaxios, mais tamen me asombro, por como vai encaixando todo no breve espacio de tempo que somos. Unha idea luminiscente no medio da oscuridade do presente.

Unha luz “ínfima”, sino “calor” do medio día.
Unha voz “ínfima”, no “clamor” da maioria.
E nada aparentemente cambia, e todo cambia na constante evolución do que somos.
-Por que? Para que?
Cal é súa razón de ser?
-comunicar e perpetuar a especie.
Perpetuar o coñecemento que cada un ten no seu pensamento.

Sintome vagalume no medio da longa noite meiga. Un vagalume como moitos que estan emitindo sua luz e observando as demais almas, para xuntarse e procrear, procrear un mundo mais afable, un mundo mais amable para con nos. Para Con nos e os nosos.
Todas as “Luciérnagas” espalladas polos “camiños” da comunicación. Amplificando unhas cas outras as “luces” das súas “Oracións”.
Orar, na súa mais profunda etimoloxía.
Orar, sin que sexan “repetitivas” as homilías,

unha duas tres catro cinco seis sete e sete veces sete, os “lusicús” que alumean o camiño, ese camiño por donde transitamos no día a día que nos vai levando.
e todas esas luces, cargadas de sentimentos en prol dunha millor comprensión do medio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario