domingo, 16 de junio de 2019

A expresión dunha realidade.


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


A expresión dunha realidade.
Hoxe, sábado 25 de maio, despois de ir xunto ca miña sobriña Elena as instalacións da Radio Municipal de Tuiy, no programa “Guateque” de Kico Carballo, para falar un pouco do “cine clube Maruja”, ea proxección dos documentais da “triloxía tabu. Un Cinema experimental con perspectiva de xénero.   de Andreia Costas , que a noite se representa. Acercámonos a exposición de pinturas na “Area Panorámica Francisco Sánchez”, na sala que esta debaixo da biblioteca, unha exposición da “Artista plástica” Maríameijide.

Unha exposición sobre as pinturas que saen no “calendario do concello de Tuiy 2019”, e algúns poucos cadros mais.

Trazos dunha cidade,
Cas cores humedecidas dos días chuviosos de inverno,
Ca humidade teñindo de roxo a punta dos dedos.
Cunha mirada onde resalta o detalle,
no medio da algarabía da realidade.

-e cal foi o motivo de ir a exposición?,
Aínda que xa escoitara a través da Radio a “propaganda”. A chispa que prendeu en min foi o día anterior no concerto de Wullie & Winnie, no Bar Pancho, pois hai coñecín as “dúas Marías de Compostela”. Pintora unha, “Transformer” ?(1)?? a outra, e ambas conforman a mesma cousa.
(1) Transformer, ou algo parecido, iso foi o que lle entendín. Unha especie de actriz de baile lento, capaz de expresar parte daquilo que leva dentro, metina nalgún personaxe de conto.

E bailando tras os cadros,
 Con movementos describindo o voo dos paxaros,
apareceu “María a miúda” con un gran sorriso dándonos a benvida.
A súa amiga, a outra María, a mais dicharacheira, , apareceu un chisco mais tarde, traendo nas súas mans e a altura do peito un libriño de cor vermello, Intitulado: “Coloquios para un mundo mais lóxico”.  Un libro da miña autoría, que llo regalara o día anterior na do Pancho. Xa que non se da vendido e antes de que podrezan, millor regalarllo a un amigo ou a un descoñecido que nos crucemos no camiño.
-bos día, díxenlle, gústame que leves ese libriño na man.
-si, contestoume, é que fun ao baño e quixen aproveitar a ler un pouco.
 Bo sitio para meditar, pensei para min, e sacar de dentro todo aquilo que non precisemos.
E xa de seguido a MariaMeijide, que así se chamaba esa rapaza, foinos facendo de “Guía-Autora” de parte da súa obra.
Parámonos primeiro, no proceso de montaxe do calendario de Tuiy 2019. Ese que foi, segun ela, encargado a 30 de Novembro, en pleno inverno, e cun tempo tan xusto, que non o daba acabado hasta o 3 de Abril. E a proposta de MaríaMeijide, de facer o calendario dende o 03-03-2019 ao 03-03-2020, foi rexeitada polo alcalde por ser atrevida. Sobre todo en ano electoral, iso pénseno eu. Pero foi unha magoa, pois daría para falar un rato sobre o “Arte” ea “política” que nos goberna. Sexa o alcalde que sexa.


Recorremos toda a exposición, meténdonos en cada recuncho do seu “estudio”, e logo de recorrer medio mundo, a través dun caderno de viaxe, fómonos.

-e o tempo sigue pasando implacablemente. Os días, os meses, os anos se suceden arrastrándonos con eles.


Xoves 30 de Maio do 2019, cando son as 19:15 horas, na do Pancho esperando a Sito, (o musico), para ir ver a exposición de pinturas de MariaMeijide. Esa rapaza que coñecemos o outro dia pola do Pancho, no concierto de Wullie & Winnie, e como no Bar andamos dandolle unha nova dimensión as “Artes”, empezando en breve con exposicións, vou la, a ver si consigo algo.
 
Eu xa fora o sábado anterior, pero nunha segunda volta, sempre se mira doutra forma.

A voltas co lenzo en branco,
O suor da calorosa tarde en Lisboa, percorrendo cada recuncho da súa persoa.
A cabeza baleiras de ideas,
e sobre a cama, todo que no interior nos garda.

E plasma o instante,
E tras revolver a estancia,
Repite a instantánea.

Unha obra mergullada nun todo no cotidiano.
No mais intimo do instinto humano.


E ala fomos, acercouse con nos un amigo, que lle cuadraba de camiño. Esta vez so estaba a “María dicharacheira” (a “María Miúda” xa fora para Compostela), que outra vez nos fixo de “Guia-autora”. Quedou Sito co amigo a escoitala, e eu déixeme ir pola súa obra.

Cadros que estaban dentro doutros cadro, e a súa vez dentro doutros estaban.
Instantáneas dunha realidade efémera, vestidos cos cores da vida.
Que tal como deus os trouxo a este mundo, os representa cando son adultos.
Adúlteros, na mirada que expresan, aliviados do instinto que a creación nos leva.

E nese falar, onde a alegría e a algarabía se van elevando, baixan os responsables da biblioteca, para advertirnos de que aquel lugar non é unha feira.
A sala de exposicións, nun dos seus laterais, da cas mesas de estudio, onde preparan as oposicións os alumnos.
Sito cómpralle un libro, unha replica do caderno de viaxe que pintara a artista por terras de Sudamérica.
Antes de despedirme, inviteina de novo a expor algún día na do Pancho. Contestándome que o pensaría. E aquí estou, pasando a limpo algo do que escribín eses días, para seguir insistindo, e que a lo menos o siga pensando.
Que xa o decia miña abuela “o que non chora non mama”.

Que te vaia bonito, MariaMeijide, por terras do pais veciño. Que sei que estes días expós no “Archivo municipal de Valença”, que si me cuadra ainda me acerco, e non deixes de visitar o Pancho, que sempre sacaras un bo “re-trato”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario