viernes, 20 de abril de 2018

Gárgolas



y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:


Gárgolas



Conta a lenda que eses misteriosos seres que coroan os templos dos saberes, foron esculpidos polo “mestre canteiro” no barrio do Martin no Rosal. E que tras unha noite de rituais ao redor da eira dos “Mouros”, e cas esencias das mais finas herbas concibiron os espiritus das gárgolas. Encargadas de evacuar todas as enchentas que caen sobre as nosas cabezas.

O día estaba cuberto con nubarros escuros, os lóstregos iluminaban todo o val do Minho, os tronos facían tremer cada músculo do sentido. Era o día señalado, o día que marcaban as profecias para a volta do “Mesías”. Estaba todo preparado, sobre a “ Pedra do Encontro” tiñan depositado todo o necesario para  facer o ritual. Ese ritual que os levaría a darlle un alma a aquelas figuras de “barro” que de antemán esculpiran.

Mitade  paxaros mitade demos. Seres mitolóxicos que portan o espiritu dos seus creadores, deses seres fantásticos que ca imaxinación e o oficio aprendido, son capaces de crear con alma propia todas súas artes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario