lunes, 12 de abril de 2021

Pancho 3.0 & Adri Vila.

 


y cuenta el de la triste figura, allá en Tuiy, su ciudad:

hai lugares no universo,

donde a idea dun todo, forma parte do que somos.

donde suas “Estrelas” alimentan nosos soños.


hai lugares cercanos, donde se da culto a Creación.

Templos das mais diversas creencias,

donde se transmiten as ideas.

Donde se comparten as experiencias.


E Con cada sorbo, a esencia do que somos.


unha bebida suave con aromas delicados,

con un postgusto afrutado.

estrelas que brilan a o teu lado,

e que nos fan sentir de bo agrado.


Na historia da terra donde vivo,

hai lugares que merece a pena coñecer,

lendas e mitos que reconfortan o espiritu.

Riqueza cultural do medio rural.



Pancho 3.0

& Adri Vila


un novo “Capitán” (Adrián Vila), neste camiñar dun bar de aldea. (bueno, Pancho 3.0, que o neno non quer que lle chamemos bar, el di, que pancho 3.0 é un novo concepto, e que bar se lle fai pequeño, pois nada enton, empezamos de novo)


un novo “Capitan” (Adrián Vila), neste novo camiñar dun “novo concepto” de aldea.


a caron da igrexia da guia (Randufe, Tuiy), O BAR PANCHO abriu na decada dos oitenta, en pleno cambio radical do rural, cando se comezaba a asfaltar hasta os carreiros que levan as campos. Hasta ahí, polos camiños de terra ivan e viñan carros cargados de erva, de abono, de toxo, e de todo un sinfin de mercadorias que sustentan a un pobo. desaparecia ese medio rual donde tiñas que ir monxer a vaca antes de ir a escola. E comenzaban os coches a facer presencia polo medio das leiras.

Os anos oitenta, en plena re-conversión naval, o Pancho traballador de Ascon en paro, teimou para facer un bar ao caron do atrio, e acarrexando madeira cun tractor vello que mercara, fendia e vendia leña, cas mans dos fillos que tiña.

Recien botada a primeira placa, co baixo lobrego, ainda sin camaras, piso de xabre e unha barra larga metálica que nos prestara Victoriano do Bar o Carrasco. Abriu por tres días as portas,para a festa da guia o bar Pancho. Corria o ano de 1984. litros e litros de viño era o que mais se vendia, Toda a colleita da casa, e ainda así non chegaba.


Eu, un neno de trece anos, metido no medio daquel bullicio de xentes, que en altavoces conversaban alegres.

xa se recollera a procesión, e eu non facia mais que carrexar xerras de viño dende a bodega da casa vella.

-vai buscar viño, vai buscar viño, me decian, e eu querendo ir xogar cos amigos.


O bar tivo suas época douradas, donde os días de festa, só o que se recaudaba do futbolin, daba para pagar a os camareros. (canto se mallaba daquela,)


Os tempos mudaron dende aqueles comezos.


E nesa historia, entrou un neno de oito anos co abuelo (o Moca vello), cando este ia votar a partida, no bar estaba o Pancho de “taberneiro”, eo os tios do Pancho, Adolfo e Fernando. Adrian, que así se chama o neno, estaba nunha mesa aburrido cando escoita ao seu abuelo:

-”a ver Pancho, enseña a este neno a por un viño, e vamos votar unha partida ao tute.”

e así como empezou...


E tras as causalidades que a vida nos vai dando.

Como os elementos precisos para crear vida.

con ese universo de estrellas que nos acompañan cada día,

Cún corpo equilibrado e todo o sabor de ilo logrando.

e que xuntos ao redor do Pancho, crean as sinerxias no medio dunha atmósfera favorable, para desembocar nun lugar único.

Pancho 3.0 & Adri Vila.

A terceira xeración dun proxecto de vida.


Oh, Capitan, mi Capitan !!

nuestro azaroso viaje no ha terminado,

el fin, es seguir soñando.




No hay comentarios:

Publicar un comentario