sábado, 9 de noviembre de 2013

Galicia

y cuenta el de la triste figura, alla en Tuiy, su ciudad:



Galicia,
terra de nacións erguidas,

Galicia,
Terra de meigas divinas,

Galicia,
Terra de fala tranquila,

Galicia,
Cultura dun pobo que camiña,

Galicia,
Terra de nobles mentiras,

Galicia,
Terra de sons que os levan a misa,

Galicia,
Terra de santos ca sua historia,

Galicia,
Terra de procesions de mortos e vivos.


Ser Galego nesta terriña,
Non é a loita por un reino,
Non é o sufrimento pola gloria,

Ser Galego nesta terriña,
É sentir a presenza do veciño,
É a alegria de compartilo.

Ser galego nesta terriña,
É sentir a auga que baixa polo rio,
E sentir a besta do monte valdio.

Sentirse galego nesta terriña,
É sentirse vento que zorrega,
E sentirse pedra que o frea.

Sentirse galego nesta terra,
É sentirse ela,
Sin alabanzas nin creenzas,
Sin queixumes nin penas.

Ser galego nesta terra,
É darlle anos ao que cree Nela,
É darlle tempo a paciencia,

A independencia,
Concepto absurdo do que o pensa,
A soedade do individuo,
Ca morte do seu pensamento,
Dependencia de todo ser vivo,

Culturas que conducen o sentimento do humano,
Nacions que che fan compañía,
Formas de entender a vida.

Un grito a os catro ventos,
Dos idealismos descontentos,
Que a cultura que nos una,
Sexa para apaciguar nosos propios medos.

Galicia meiga de cultura.
Nos feitos e na duda.
Na retranca e na tranca.
No agarimo e na dulzura,

Galicia terra que perdura.
Cada un ca sua cultura.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario